Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

27/11/21 | 12:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anuncia en Culturgal as iniciativas para impulsar o sector dos videoxogos a través do hub audiovisual

O director da Agadic, Jacobo Sutil, intervén cos representantes da asociación Videoxogo.gal, cos que colabora o Goberno autonómico na primeira iniciativa autonómica de fortalecemento deste sector con gran capacidade de crecemento

26/11/21 | 20:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellora o equipamento de bibliotecas, arquivos e locais culturais municipais de 40 concellos cunha achega de 500.000€

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visita a biblioteca de Chantada, unha das beneficiarias e na que se realizarán obras de acondicionamento da cuberta

26/11/21 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a fortaleza da cultura galega e compromete todo o apoio para retomar o crecemento en 2022

Confía no avance da situación sanitaria para deixar atrás a fase de resistencia e reactivación dos últimos meses

26/11/21 | 12:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o apoio á investigación universitaria enfocada á excelencia e ao liderado internacional cunha inxección de 32M€ aos oito centros punteiros

O conselleiro explica que o obxectivo é afianzar as sinerxías entre centros e avanzar nun “tipo de investigación diverso e altamente especializado” que en Galicia concentra máis de 1000 investigadores organizados en máis de 60 grupos de investigación

26/11/21 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A XVII Xornada de Normalización Lingüística celebra os 30 anos dos equipos de dinamización da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística participou esta mañá na inauguración deste encontro, organizado por Escolas Católicas co apoio da Xunta e dirixido ao profesorado de centros públicos e privados

26/11/21 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura contará co primeiro centro de artes dixitais de Galicia e impulsará un programa para pór en valor legados e coleccións artísticas

A folla de ruta prevé unha ambiciosa aposta polo binomio cultura e tecnoloxía, tanto desde o punto de vista da creación como do achegamento á cidadanía de experiencias artísticas anovadoras

25/11/21 | 18:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo do Mar de Galicia acolle ata o domingo o ciclo de concertos ‘Mar de mulleres’ con catro citas

A iniciativa da Xunta leva a Vigo a actuación de artistas galegas como Leilía, Belén Tajes, Su Garrido, Blues do País, Mallou, Masrgarida Mariño ou Mounqup

25/11/21 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre no Gaiás un espazo de reflexión e acción contra a explotación sexual de mulleres e nenas a través da obra documental de Mabel Lozano

O documental que deu orixe a esta exposición proxectarase de balde no Museo Centro Gaiás os días 25 e 27 de novembro

25/11/21 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
25/11/21 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Vigo convértese da man do Xacobeo 21-22 no epicentro da maxia a nivel mundial cos mellores artistas nacionais e internacionais no Teatro Salesianos

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o coordinador e director artístico Roberto Lolo, presentaron hoxe a I Gala Internacional de Maxia Xacobeo 21-22 que se celebrará o vindeiro 6 de decembro na cidade viguesa