Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Comercio:

24/11/20 | 12:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta recoñece o traballo de seis centros de ensino no concurso Eduemprende Idea 2020

O certame ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e fomentar así o emprendemento

23/11/20 | 17:42 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que o novo dron mariño de industrias Ferri encaixa na aposta da Xunta por orientar a aeronáutica cara á mellora dos servizos públicos

O vicepresidente económico, Francisco Conde, participou esta tarde na botadura desta embarcación destinada ao control da calidade das augas grazas a que incorpora un laboratorio portátil a bordo

23/11/20 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o Clúster da Pizarra

Gabriel Alén resaltou “o labor deste colectivo empresarial a prol da dinamización do rural, e a contribución da lousa como unha aposta permanente pola innovación”

23/11/20 | 13:49 | C. de Economía e Industria

Conde pídelle ao Goberno intensificar as axudas do Plan Nacional da Automoción e modificar os tramos do imposto de matriculación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación participou na Mesa da Automoción convocada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo

23/11/20 | 11:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga na asemblea de Asime pola colaboración público-privada para promover a recuperación da economía galega

O vicepresidente económico, Francisco Conde, apela en Vigo ao diálogo entre a Administración e os axentes económicos e anuncia que nos orzamentos de 2021 o Igape multiplica por tres os fondos asignados a instrumentos de financiamento

19/11/20 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o sector hostaleiro chegan a un acordo para ampliar as axudas aos establecementos pechados ata un máximo de 9.200 euros

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinaron hoxe o documento en Santiago de Compostela cos representantes do Clúster de Turismo e da Mesa de negociación da hostalaría de Galicia

19/11/20 | 10:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 144 proxectos de mellora da competitividade das pemes galegas a través do programa ReAcciona

As axudas aprobadas na segunda convocatoria desta liña van mobilizar 530.000€ achegando repostas ao tecido empresarial sobre como afrontar o novo contexto económico provocado pola covid-19

18/11/20 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os locais de ocio nocturno poden solicitar as axudas da Xunta ao alugueiro ata o próximo 27 de novembro

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, respondeu hoxe no Parlamento a unha pregunta sobre o apoio do Goberno galego a este sector

18/11/20 | 11:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta activará o venres a nova liña de préstamos por 10 M€ destinada aos sectores máis afectados pola covid-19

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe nun webinario sobre dixitalización organizado en colaboración coa Federación Galega de Comercio