Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

02/09/20 | 13:18

Ángeles Vázquez salienta As Catedrais como o imán turístico da Mariña, que en agosto mantén o número de visitantes a pesar do contexto social actual

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións visitou esta mañá o Monumento Natural das Catedrais, para as que se emitiron 153.795 autorizacións de visitas desde o 1 de xullo

31/08/20 | 12:39

Ángeles Vázquez destaca o Parque Nacional Illas Atlánticas como turismo sostible e seguro, con case 250.000 visitas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións visitou esta mañá as Illas Cíes, na que nos mes de agosto se cubriu o cupo de visitantes todos os días

30/08/20 | 12:14

Máis de 5.300 persoas participaron este verán na campaña de concienciación da Xunta para promover un turismo seguro

A oficina informativa móbil remata hoxe un percorrido por 23 concellos no que achegou a galegos e visitantes os recursos da Comunidade na actual situación

28/08/20 | 12:50

Román Rodríguez anima a seguir traballando entre todos por un camiño seguro para dar continuidade ao traballo feito no verán

Subliñou a cooperación das administracións, a Igrexa, o sector turístico ou as asociacións, “unha suma de esforzos” que impulsa a súa progresiva reactivación, cun incremento do 70% no mes de agosto en relación aos datos de xullo

27/08/20 | 20:28

Xunta e Real Academia de Belas Artes únense nunha mostra na que 12 dos nosos creadores máis destacados percorren o Camiño

Ata o 13 de setembro, poderanse contemplar 23 pezas pictóricas, escultóricas e fotográficas de autores de diferentes xeracións e estilos

27/08/20 | 11:14

Rosa Quintana apela ao traballo conxunto para reactivar o pulo dos tránsitos da náutica-recreativa na costa galega trala crise derivada do coronavirus

A Xunta está traballando desde o primeiro momento e de cara ao Xacobeo 2021 coas asociacións náuticas galegas e as de ámbito nacional para deseñar estratexias coas que impulsar esta actividade de importante impacto económico

25/08/20 | 13:54

Román Rodríguez subliña o esforzo do Festival de Cans para adaptarse sen perder de vista os seus elementos máis icónicos

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións participou na presentación da 17ª edición do evento, ao que a Xunta achega máis de 40.000 euros a través das axudas a certames audiovisuais e do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

24/08/20 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia galardoa aos gañadores do certame de declaracións de amor en galego 'Lingua de Namorar'

‘Retórica’ (Nee Barros, Marín), ‘Primavera’ (Ana Loureiro, Caldas de Reis), ‘Ao altar’ (María Femenías, Foz), ‘Ataraxia” (Leticia Cid, San Cibrao das Viñas), ‘Un vinilo dos Dire Straits’(Denís Vicente, A Guarda) e ‘Fuxitivas’ (Silvia Pérez, A Guarda) fixéronse cos galardóns da novena edición

24/08/20 | 12:26

A evolución do turismo en Galicia en xullo foi 22 puntos superior á media española con preto de 600.000 pernoitas

Na comparativa interanual, cae un 51% fronte ao 73% do resto de España e mantense como a quinta con máis turistas, por diante de destinos como Canarias

20/08/20 | 14:04

A Xunta inviste 183.800 euros en dotar de novas depuradoras e outras melloras aos albergues de Paradela e O Cebreiro

As empresas interesadas en optar á licitación das obras teñen de prazo ata o 31 de agosto para presentar ofertas