Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia despide un verán cálido e no que se rexistraron precipitacións dentro da normalidade para esta época do ano
O avance do informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que o período climatolóxico comprendido entre os meses de xuño e agosto rexistrou unha temperatura media 0,55 graos por riba do habitual
As chuvias rexistradas nas xornadas do 12 e 19 deixan un mes de agosto moi húmido
A precipitación media acumulada durante o oitavo mes situouse nos 92 L/m2
Medio Ambiente publica no DOG a norma que regula os sorteos de permisos de pesca fluvial para a tempada de pesca de 2021
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá e o prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 27 de outubro ao mediodía
Ángeles Vázquez destaca o Parque Nacional Illas Atlánticas como turismo sostible e seguro, con case 250.000 visitas
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións visitou esta mañá as Illas Cíes, na que nos mes de agosto se cubriu o cupo de visitantes todos os días
Medio Ambiente entrega ao Concello de Valga máis de 30 contedores de papel-cartón e envases lixeiros para fomentar a reciclaxe entre os veciños
Esta medida forma parte do chamado Plan Galicia Recicla, no marco do convenio de colaboración con Ecoembes, e ten un custe global de 11.750 euros
A posta en valor da senda botánica e a mellora do parque infantil de Circos, dous atractivos para potenciar o turismo sostible e os valores naturais do Monte Aloia
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións visitou esta maña a zona na que se executarán estes traballos, que foron adxudicados por un importe de 30.000 euros
Medio Ambiente adxudica por 27.000 euros a instalación e o mantemento de seis puntos de información virtual nas entradas galegas da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés
As novas pantallas táctiles instalaranse nos concellos de Bande, Muíños, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios e Lobeira para mellorar o acceso dos visitantes á información relacionada con este espazo natural
A terceira edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación convocados pola Xunta recibiron un total de 65 candidaturas
Os galardóns divídense en catro modalidades, cunha dotación global de 24.000€
Medio Ambiente incorpora o contido da nova guía europea para a elaboración de Plans de acción para o clima
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de actualizar o contido dispoñible na páxina web, co fin de facilitar e axilizar o reporte de datos por parte dos concellos
Medio Ambiente amplía o orzamento do programa de Infravivenda, que disporá de 470.000 euros para as axudas deste ano
Esta liña de subvencións foi convocada o pasado 26 de febreiro e ten por obxecto facilitar a rehabilitación de inmobles localizados en concellos de menos de 10.000 habitantes que non cumpren uns requisitos mínimos de habitabilidade