Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

08/08/22 | 14:06 | A Presidencia da Xunta

Rueda sinala que o Goberno galego impulsa este ano a maior campaña de verán da súa historia para fomentar a conciliación das familias

Destaca que a Galicia é a comunidade que “máis prazas oferta de toda España” con 10.800 prazas nesta campaña, “o que supón 2.000 máis que o ano pasado”
 

06/08/22 | 15:27 | A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta subliña o papel da mocidade como a mellor embaixadora dos valores do Camiño e gaba o seu compromiso por mellorar a sociedade

Destaca que a estas alturas do ano se alcanzaron as 230.000 compostelas, que se entregan aos visitantes que a solicitan tras corroborar que teñen realizado alomenos 100 quilómetros dalgún tramo das rutas xacobeas

05/08/22 | 15:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o rural galego a través do campamento ‘Aldea Perdida’ da Granxa Zoo de Grixalba

Neste programa impulsado polo Goberno galego, mozos e mozas de entre 9 e 12 anos desfrutan de actividades ao aire libre nun complexo turístico completamente equipado
 

03/08/22 | 16:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra a vida e obra do arquitecto Antonio Palacios a través do campo de voluntariado ‘Ruta de Palacios’ en O Porriño

Dende o 26 de xullo ao 6 de agosto preto dunha decena de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos realizan actividades culturais
 

03/08/22 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sufraga con 30.000€ obras de mellora na escola infantil de Coristanco

Entre outras actuacións, aumentaranse as condicións de impermeabilización do edificio e instalarase na entrada posterior unha pérgola para protexer da chuvia tanto aos pequenos como aos seus familiares cando acceden ao centro

02/08/22 | 14:56

A Xunta financia o programa Oímbra verán de apoio á conciliación das familias galegas no que participan 40 nenas e nenos de entre 3 e 14 anos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as actividades que se desenvolven nesta iniciativa, que a Administración galega apoia con máis de 50.000 euros desde 2015

02/08/22 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recibe os mozos saharauís que participan este ano no programa ‘Vacacións en Paz’

O Goberno galego achega 100.000 euros á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para a acollida de 110 nenos e adolescentes
 

31/07/22 | 11:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove a recuperación das tradicións co novo campo de voluntariado ‘Saberes de onte e de sempre’ de Bande

O grupo de voluntarios que se dan cita nesta proposta entrevistan á veciñanza da zona para coñecer lendas, historias e o pasado da vila

26/07/22 | 12:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta despide o curso nas escolas infantís da rede pública autonómica coa entrega de orlas e fotos personalizadas para os nenos

A partir do vindeiro mes de setembro, o 100% das escolas infantís de Galicia serán gratuítas para todo o alumnado

22/07/22 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta crea unha oficina virtual para asesorar e orientar á xuventude sobre os recursos e programas que ten á súa disposición

Contará como ferramenta principal cun mapa de recursos que aglutinará todas as iniciativas postas en marcha polo Goberno galego para a mocidade en ámbitos como a educación, o emprego, a igualdade, a vivenda ou o lecer