Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

19/05/22 | 11:34

A Xunta prevé licitar este mes a redacción do proxecto para construír 57 vivendas de promoción pública no barrio do Castiñeiro en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, fixo este anuncio no marco da entrega de tres pisos situados tamén no municipio de Lugo aos adxudicatarios

17/05/22 | 11:09

Os propietarios de vivendas e edificios xa poden optar ás axudas da Xunta de ata 38.750 € para mellorar a eficiencia enerxética dos seus inmobles

Desde hoxe tamén se poden pedir subvencións dun máximo de 3.500 € para elaborar o chamado libro do edificio e de ata 30.000 € para os proxectos de rehabilitación

13/05/22 | 11:42

A Xunta colabora co concello de Pantón na mellora de inmobles e equipamentos públicos cun investimento de 540.000 €

A Consellería de Medio Ambiente e a Administración local destinaron 260.000 € á creación dun paseo peonil na contorna do mosteiro das Bernardas, unha actuación rematada recentemente

09/05/22 | 13:33

A Xunta facilitará o acceso a préstamos sen xuros para fomentar a rehabilitación de vivenda

O Goberno galego asumirá durante os primeiros anos ata o 100% do importe dos xuros, en función dos ingresos dos solicitantes, que disporán doutras condicións vantaxosas

05/05/22 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Goberno galego inviste case 40.000 euros en actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificios públicos e equipamentos no concello de Ares

Martina Aneiros destacou o éxito da convocatoria de 2022, pois a Consellería de Medio Ambiente ampliou o crédito inicial esta mesma semana, e avogou por seguir apostando por “instaurar a cultura do fermosismo e a humanización”

04/05/22 | 12:47

A Xunta anima aos propietarios do Centro Histórico de Ourense a presentar ofertas ao programa Rexurbe, dotado con 400.000 euros na cidade

Ángeles Vázquez lembra que os interesados dispoñen ata o 15 de xullo para facer chegar ao Instituto Galego da Vivenda e Solo as súas propostas que, de concluír coa súa adquisición, serán rehabilitados para habilitar vivenda publica en alugueiro

03/05/22 | 12:52

O edificio de 24 vivendas públicas da Xunta no Castiñeiriño, en Santiago, acada o 20% da execución

Na actualidade, estanse a realizar os traballos de cimentación do inmoble que acollerá vivendas de dous, tres e catro dormitorios

03/05/22 | 12:20

A Xunta amplía ata os 2,4 M€ as axudas para mellorar a imaxe exterior de edificios e equipamentos en resposta á boa acollida da convocatoria deste ano

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as Resolucións polas que se incrementa o orzamento das liñas de crédito das subvencións para corrixir impactos paisaxísticos en edificios e vivendas particulares ou en edificios públicos

02/05/22 | 12:47

A Xunta convocará este mes as axudas para mozos menores de 35 anos que compren a súa primeira vivenda nun concello de menos de 10.000 habitantes

Estes incentivos, que poden chegar aos 10.800 euros por inmoble, serán de aplicación en 257 municipios galegos, 14 deles pertencentes á área da Costa da Morte