Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 344 novas da área temática Transporte:

21/07/22 | 15:58 | A Presidencia da Xunta

A Xunta autoriza a extensión ao conxunto de Galicia das vantaxes do transporte metropolitano e reduce o prezo do billete do autobús a 150.000 veciños de 119 concellos rurais

O presidente da Xunta explica que, coa creación da Área de Transporte de Galicia, os usuarios dos concellos adheridos poderán disfrutar de descontos mínimos de 50 céntimos no prezo do billete e de transbordos gratuitos

20/07/22 | 18:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A xunta aborda cos concellos do Barbanza e Porto do Son a proposta de reforzo dos servizos de autobús que conectan a bisbarra con Santiago

A concesionaria do servizo propón crear unha liña directa entre Ribeira e Compostela cunha duración reducida estimada en 60 minutos

19/07/22 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía en 400.000€ o crédito das axudas para adquirir taxis adaptados, de baixas emisións ou eléctricos, mobilizando un total de 900.000€

Amplíase a convocatoria publicada en decembro de 2021 á que se presentaron 192 solicitudes, que esgotou o crédito de 500.000€ e permitiu a concesión de 93 axudas

19/07/22 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez chama a practicar a ‘Visión Cero’ para reducir ao mínimo as vítimas de accidentes de tráfico e acadar unha mobilidade segura para todos

Vázquez Mourelle destaca que o Plan de Seguridade Viaria 2022-2025 da Xunta é a folla de ruta para traballar pola seguridade viaria na comunidade coa novidosa “Visión Cero”

16/07/22 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa desde o luns novos servizos de autobús directos desde O Porriño cara á praia América

Os servizos estarán activos durante os meses de xullo e de agosto para facilitar os desprazamentos á praia desde O Porriño, que non contaba con conexións directas

15/07/22 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A partir do 1 de agosto poderán solicitarse as axudas da Xunta para adquirir bicicletas eléctricas, dotadas cun orzamento de 500.000€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria destes incentivos, enmarcada na iniciativa EBici do Goberno galego

12/07/22 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta porá en servizo este mes de xullo o acceso provisional a Folgoso do Courel, alternativa ao treito cortado da estrada LU-651

Trátase dunha solución a curto prazo para garantir o paso do tráfico, tamén para vehículos pesados

09/07/22 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o luns reforzos nas liñas de autobús entre Portomouro e Santiago para mellorar o servizo de transporte público ás parroquias do norte de Ames

O Goberno Galego crea un novo servizo ás 13,00 horas de Santiago a Portomouro, atendendo a solicitude do Concello de Ames

09/07/22 | 12:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta xa concedeu 2,3 M€ en axudas para a transformación de frotas de transporte, máis do 40% do orzamento total

Ademais do achatarramento, subvenciónase a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono ou a implantación de infraestruturas de recarga eléctrica

08/07/22 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas