Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ángeles Vázquez insta ao Goberno central a 'reflexionar sobre o lobo, reconectar co rural e restaurar aos gandeiros' polos danos da súa decisión
Lamenta a “nula sensibilidade” do Executivo estatal co mundo rural e cos gandeiros que durante anos propiciaron e garantiron a protección do lobo ibérico en España
A Xunta e o Concello de Montederramo investirán case 40.000 € na instalación de 34 bancos públicos en preto dunha trintena de aldeas do municipio
A actuación enmárcase no plan Hurbe específico para a Ribeira Sacra da Consellería
A Xunta contrata un estudo de viabilidade sobre a ampliación do polígono industrial de Santa Comba
Ángeles Vázquez trasládalle á rexedora que a Consellería encargou en abril os traballos de redacción correspondentes co obxectivo de poder ter listo o documento este ano
Unha vintena de concellos estudan participar este ano nos proxectos de apoio cartográfico da Xunta
O Goberno galego lanza unha nova convocatoria do proxecto PNOA10 e do Programa de apoio cartográfico aos concellos cos que se busca obter ortofotos aéreas de alta precisión e bases topográficas a tres escalas diferentes dos territorios participantes
A Xunta aproba a delimitación do núcleo rural de O Pereiro, no concello de A Mezquita
Trátase dun ámbito de máis de 41.000 m2 que se atopa a dous quilómetros da capital municipal
A Xunta asumirá o 100% do custo do novo PXOM de Monterrei cunha achega de case 130.000 euros
Ángeles Vázquez anima ao rexedor a traballar para sumarse aos 113 municipios galegos que xa contan cun planeamento adaptado ao marco normativo urbanístico de referencia
A Xunta avanza na guía para a integración paisaxística das instalacións dos máis de 120 portos galegos, que se publicará este ano
Unha trintena de expertos colabora coa Xunta no estudo de reforma da planta local galega e o impulso de novas fusións
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe unha nova reunión da comisión de seguimento do convenio entre a Xunta e a Fundación Juana de Vega, que ten como obxectivo acadar concellos máis sustentables e optimizar os seus servizos
A Xunta adxudica unha parcela de 106.000 m² e dun valor de 8,2 M€ no polígono de Morás, en Arteixo
A Administración autonómica e Aluman asinaron a escritura pública correspondente á asignación deste ámbito, onde a empresa construirá unha nova fábrica
A Xunta adxudica a urbanización da terceira fase do polígono das Gándaras, na que as empresas dispoñen de 27 parcelas bonificadas ao 50%
A adxudicataria terá nove meses para executar os traballos, polo que previsiblemente a urbanización estará completada a finais deste ano ou comezos do seguinte