Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

04/11/21 | 14:19

A Xunta inviste máis de 100.000 euros en melloras para o sector profesional de Barallobre, en Fene

Portos de Galicia vén de rematar os traballos de instalación de pavimento tecnolóxico nas instalacións flotantes e ten en execución a construción de vestiarios para os profesionais do sector marisqueiro

03/11/21 | 13:09

A Xunta reforza o pavimento da terraza exterior da lonxa de Ribeira

Portos de Galicia investiu 50.000 euros na instalación de material tecnolóxico e ecolóxico, máis duradeiro nunha contorna marítima

26/10/21 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra a aprobación pola Autoridade Portuaria da Coruña do proxecto e do convenio para impulsar a conexión ferroviaria de Punta Langosteira

O Goberno galego destaca que este gran avance é posible grazas a que o presidente da Xunta acadou o compromiso do Goberno de España para licitar a conexión

20/10/21 | 14:11

O proxecto de orzamentos da Xunta para 2022 prevé investimentos por máis de 1,2 millóns de euros no porto de Celeiro, en Viveiro

Portos de Galicia pretende executar a renovación das cubertas das naves de redes e de efectos navais e licitar a ampliación de prazas de amarre no peirao

19/10/21 | 13:46

A Xunta coordina co sector náutico-recreativo as accións de promoción de cara a 2022

Portos e Turismo de Galicia incidiron no esforzo da Administración galega por impulsar a actividade náutica vencellada ao turismo costeiro

19/10/21 | 13:21

Galicia apoiou con preto de 11 millóns de euros desde 2016 máis de 300 proxectos para equipar e modernizar as lonxas e portos

Susana Rodríguez expuxo que boa parte destas iniciativas se desenvolveron grazas ás convocatorias de axudas que realiza anualmente a Consellería do Mar co obxectivo de mellorar a calidade e trazabilidade dos produtos desembarcados, aumentar a eficiencia enerxética, contribuír á protección do medio ambiente e mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos pescadores

05/10/21 | 16:23

A Xunta traballa na mellora constante dos peiraos galegos e aposta polos avances fronte ao inmobilismo defendido desde algúns sectores

A representante do Executivo autonómico destaca as medidas ambientais impulsadas polo ente público para potenciar os portos verdes e azuis e non permitir en pleno século XXI a pasividade ante potenciais danos ambientais

27/09/21 | 13:31

Galicia avanza na adecuación da formación no eido das tecnoloxías marítimas ás necesidades da industria naval e das enerxías mariñas renovables

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar organiza este mércores un seminario online no marco do proxecto europeo MATES, no que colaboran máis de 200 expertos europeos de diferentes ámbitos, para avaliar os resultados do labor realizado ata o momento para adaptar a capacitación dos profesionais do sector aos perfís demandados polas empresas

24/09/21 | 15:35

A Xunta licita por 750.000 euros as obras de mellora do pantalán de pasaxe de Cangas

O proxecto de Portos de Galicia inclúe a ampliación da instalación existente e a dotación de tres novas liñas de atracada para o tráfico turístico

23/09/21 | 17:40

A Xunta reafirma o seu compromiso coas enerxías limpas nos peiraos durante a clausura da 'IV Green Energy Ports Conference'

Susana Lenguas puxo en valor algunhas iniciativas do Executivo galego como o proxecto integral de renovación de luminarias co que no período 2022-2023 se substituirán máis de 2.000 lámpadas portuarias de diversa tipoloxía por tecnoloxía led