Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

15/09/22 | 14:25

Trenor anima á cidadanía a participar no “Festival Mar de Mares” que acollerá A Coruña e que porá en valor os océanos e os produtos pesqueiros galegos

Gonzalo Trenor destacou o importante esforzo do Goberno autonómico para difundir os produtos da artesanía e da industria alimentaria ligada ao mar a través do Mercado e Festa do Mar que terá lugar o sábado 17 e domingo 18 de setembro no Parrote

14/09/22 | 13:54

A Xunta aposta por seguir avanzando na igualdade entre mulleres e homes do mar para impulsar a remuda xeracional e a competitividade do sector

A titular de Mar apuntou ao labor esencial que desenvolven as traballadoras da cadea mar-industria no fortalecemento da economía galega e a xestión sustentable e responsable dos recursos
 

13/09/22 | 18:43

A Xunta recorrerá a reforma do regulamento de Costas para manter a actividade económica e garantir o emprego no litoral galego

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reitera que o novo regulamento reforza a intención do Goberno central de expulsar do litoral toda presenza social e económica sen xustificación técnica algunha

09/09/22 | 16:32

Fernández-Tapias destaca a singularidade da pesca do cerco e a súa contribución como pesqueira sustentable

A delegada territorial da Xunta felicitou a Acerga por estes catro anos como Organización de Produtores Pesqueiros e polo esforzo para poñer en marcha a campaña O Cerco, un xeito de vida presentada hoxe no mercado do Progreso
 

09/09/22 | 15:04

A Xunta salienta o compromiso da frota galega cunha pesca sustentable e a protección do medio ambiente

A titular de Mar lembra que a actividade extractiva ofrece á sociedade alimentos da máxima calidade cunha baixa pegada de carbono e hídrica, como acreditan etiquetas como Pescaenverde

08/09/22 | 16:50

Galicia pide a revisión completa e dialogada da Lei de Pesca sostible para dar seguridade xurídica ao sector e unha resposta axeitada ás súas necesidades

A comunidade considera que non é o momento máis oportuno para actualizar unha norma deste calado, tras unha crise pola pandemia, o encarecemento da enerxía e das materias primas, a guerra en Ucraína e a escasos meses de que se aborde a revisión da Política Pesqueira Común

07/09/22 | 12:06

Galicia aposta por optimizar a xestión dos recursos mariños cunha rede de colaboración entre sector pesqueiro e organismos científicos

Esta iniciativa é pioneira na comunidade autónoma galega e enriquecerá os datos e argumentos de Galicia a favor dunha xestión marítimo-pesqueira na que estean en equilibrio os criterios medioambientais, económicos e sociais e para garantir o futuro do mar promovendo unha xestión responsable

06/09/22 | 17:52

A Xunta impulsa unha rede de colaboración entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia para mellorar a xestión dos recursos mariños

O acto de constitución deste organismo celébrase mañá na Cidade da Cultura coa participación da conselleira do Mar e de representantes tanto do sector pesqueiro galego como das entidades de investigación mariña máis importantes da comunidade