Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta promove a creatividade audiovisual entre a cativada co V festival infantil de curtas Pequefilmes no Gaiás
A Cidade da Cultura anuncia unha nova edición do seu festival infantil de curtametraxes, que en 2021 amplía a programación a catro xornadas
A Xunta contribúe á difusión do cinema galego no seu premiado percorrido polo circuíto de festivais internacionais
A Consellería de Cultura acaba de adxudicar 24.000 euros a nove produtoras galegas a través da convocatorias de axudas para a promoción de filmes galegos seleccionados en destacados certames audiovisuais
Ledicia Costas, Xurxo Lobato, Fegatea, aCentral Folque, Chema Prado, Xosé González, Fundación Penzol e Ildiko Szijj, Premios da Cultura Galega 2020
O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura e Educación, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior
O CGAI avanza na súa homenaxe a directoras pioneiras e inicia unha retrospectiva sobre o cine negro de Robert Siodmak
A carteleira de decembro da Filmoteca de Galicia agrupa varias películas de Lois Weber, primeira muller en filmar unha longametraxe, ademais de ofrecer a primeira parte do ciclo dedicado ao realizador xermano-estadounidense
A Xunta participa con 240.000 € na produción da serie de televisión 'El hombre de Zara' sobre a vida de Amancio Ortega
Román Rodríguez destacou a importancia desta iniciativa audiovisual liderada por unha empresa galega xunto a Amazon Prime Video
A Xunta adxudícalles 2,5 M€ en axudas a 20 novas producións audiovisuais galegas, que mobilizarán preto de 19 M€ no sector
Publícase na web da Agadic a resolución da convocatoria de 2020, que incrementou a súa dotación nun 25% respecto ao ano anterior
A Xunta colabora na proxección internacional do cinema galego coas axudas para a súa promoción no circuíto de festivais
O DOG publica hoxe a convocatoria destas subvencións, a través das que se invisten 40.000 euros nas campañas de difusión de filmes que teñan sido seleccionados nalgunha das preto de 40 mostras dunha vintena de países que especifican as bases
A Xunta impulsa os traballos de preprodución de 15 futuras películas e series galegas con 260.000 euros en subvencións
Publícase na web da Agadic a adxudicación da convocatoria anual destas axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, a través das que se apoian as produtoras galegas nos traballos previos cara á rodaxe dos seus próximos títulos