Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 272 novas da área temática Facenda:

23/11/21 | 16:59 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta adapta os medios de comprobación de valoracións de bens inmobles á recente normativa estatal

No caso dos bens inmobles o valor pasa a ser establecido con carácter xeral polo Ministerio de Hacienda a través da Dirección General del Catastro

23/11/21 | 15:47 | A Presidencia da Xunta

Feijóo defende o Foro de Santiago como exemplo da política útil para consensuar o financiamento autonómico, priorizar a demografía e garantir que os fondos europeos cheguen á economía real

“Hoxe presentamos un documento con vocación de permanencia e que construímos oito presidentes que representamos máis do 60% do territorio do noso país”, di, apelando ao papel da política útil que achega solucións

22/11/21 | 17:28 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o mes de setembro como a segunda Comunidade Autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 13,22 días, case 15 días por debaixo da media autonómica

22/11/21 | 11:09 | C. de Facenda e Administración Pública

As rendas máis baixas pagarán no 2022 un 22,6% menos de IRPF que no 2009

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos interveu no Debate de Totalidade do Proxecto de Lei de Orzamentos de Galicia para 2022

10/11/21 | 13:42 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos subliña que o novo modelo de financiamento debe respectar os principios básicos de suficiencia, transparencia e multilateralidade, equidade e autonomía financeira

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou nas xornadas Finanzas autonómicas: os asuntos pendentes organizadas por RIFDE e a Universidade de Vigo

10/11/21 | 11:49 | C. de Facenda e Administración Pública

O conselleiro de Facenda e Administración Pública pón en valor a estratexia Galicia Dixital 2030 para consolidar a transición dixital na comunidade galega

Miguel Corgos inaugurou o Encontro Galego de ciberseguridade CIBER.GAL, onde destacou a importancia da ciberseguridade no despregamento de tecnoloxías dixitais a gran escala

03/11/21 | 12:12 | C. de Economía e Industria

Os orzamentos da Xunta para 2022 recollerán un programa de axudas pioneiro para que as pemes poidan mellorar a eficiencia na loxística

Conde asegura Galicia Logistics “reivindica o papel que, desde Galicia, pode ter a loxística, non só para o comercialización dos nosos produtos, senón tamén para atraer novos investimentos”

02/11/21 | 13:37 | C. de Facenda e Administración Pública

O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión do novo interventor xeral e da directora xeral de Planificación e Orzamentos

Miguel Corgos destacou a continuidade que estes dous nomeamentos achegan á súa Consellería, así como a formación, experiencia e capacidade de traballo de Chacón Pichel e López Iglesias

02/11/21 | 11:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 2600M€ nos orzamentos de 2022 para potenciar a dixitalización e a sustentabilidade como binomio clave para a recuperación económica

Acelerar a dixitalización das pemes; promover un modelo enerxético sostible; potenciar a innovación e o talento; impulsar a economía circular; e fomentar a internacionalización son algúns dos eixos prioritarios nas contas galegas de 2022

02/11/21 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xestionará en 2022 un orzamento de 536 M€ e executará novas infraestruturas sanitarias por máis 100 M€

Ethel Vázquez subliña que a Xunta destinará en 2022 case 46 M€ a vías de altas prestacións libres de peaxe para avanzar na vertebración interior con obras como a Vía Ártabra, a autovía Nadela-Sarria e a VAC Tui-A Guarda, ademais da prolongación das vías de alta capacidade da Estrada, da Costa Norte e da Costa da Morte