Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Emigración:

17/03/22 | 11:41 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda traslada aos galegos de Venezuela as accións que a Xunta desenvolve para favorecer o retorno a Galicia

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa colectividade galega en Caracas á que informou da convocatoria aberta para solicitar bolsas de Excelencia Académica BEME que permiten realizar un máster nas universidades galegas

Nesta reunión, Miranda trasladoulles outra serie de programas complementarios en materia acompañamento aos retornados
 

16/03/22 | 19:15 | Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración traslada ao cónsul xeral de España en Venezuela o importante papel desta institución no proceso de retorno

Antonio Rodríguez Miranda tamén se reuniu co consejero de Trabajo de España neste país para incrementar a coordinación na atención social aos galegos residentes en Venezuela

16/03/22 | 12:12 | Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración e as entidades galegas en Venezuela analizan as liñas de colaboración dos próximos meses

Antonio Rodríguez Miranda mantivo en Caracas un encontro cos máximos responsables da Hermandad Gallega de Venezuela, do Centro Gallego de Maracaibo, da Hermandad Gallega de Valencia e do Centro Gallego de Puerto La Cruz, cos que analizou a actual situación das entidades tras estes dous anos de pandemia

15/03/22 | 18:15 | Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración agradece o labor e o apoio das oficinas sociais dos centros galegos de Venezuela

Antonio Rodríguez Miranda visitou a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas e aproveitou para recordar que permanece aberta a liña de apoio económico social deste departamento para axudar ás familias galegas residentes no exterior que se atopan nunha situación económica precaria

10/03/22 | 17:04 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega amplían a colección Clásicos da Emigración cunha obra pioneira nos estudos sobre América

O tratado desta investigadora foi novidoso nos estudos sobre América e os vínculos coa emigración galega dende os séculos XVI ao XIX

05/03/22 | 11:26 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración felicita a colaboración do Lar Gallego coa Capitanía General do E.T. que permite iluminar co Xacobeo a praza de España de Sevilla

A fachada do Cuartel General de la Fuerza Terrestre de Sevilla amosará, ao caer a noite durante toda a fin de semana símbolos tradicionais do Camiño como os peregrinos, a catedral e o propio botafumeiro

02/03/22 | 14:31 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o ciclo de cine Mestre Mateo

Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende marzo a decembro as catro filmes finalistas nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos premios Mestre Mateo

25/02/22 | 13:31 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda destaca a importancia da instalación da nova sede da Uned no Centro Galego de Lisboa para impulsar a actividade do mesmo entre a mocidade

O secretario xeral da Emigración participou na inauguración da segunda aula que a universidade a distancia española crea en Portugal, despois da do Porto

18/02/22 | 13:01 | Secretaría Xeral de Emigración

A Oficina Integral de Asesoramento e seguimento ao retorno en Santiago atendeu a case 4.100 familias para facilitar a integración dos galegos retornados na súa contorna

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a oficina situada no edificio Xera, que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o seu proceso de retorno

10/02/22 | 13:12 | Secretaría Xeral de Emigración

A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Lugo atendeu case 2.000 consultas para facilitar a integración dos galegos retornados na provincia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta de Lugo, Javier Arias, visitaron a oficina situada no edificio administrativo da cidade da muralla, que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos de exterior en todo o seu proceso de retorno