Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

19/07/22 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza un dispositivo extraordinario de Protección Civil ante a vaga de lumes para garantir a atención e o apoio necesario ás persoas afectadas

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, reuniuse hoxe con alcaldes de concellos das provincias de Lugo e Ourense nos que se rexistraron os lumes para informarlles deste operativo posto en marcha por primeira vez ante a situación actual dos incendios na comunidade

18/07/22 | 13:19 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe

Desactivada a Situación 2 que se decretara como medida preventiva nos dous incendios activos en Oímbra, parroquias de Videferre e San Cibrao, o primeiro con 350 hectáreas afectadas provisionais e o segundo con máis de 20 ha

16/07/22 | 11:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por altas temperaturas nas provincias de Lugo e Ourense

O episodio comezará previsiblemente cara o mediodía con temperaturas de ata 40 grados na zona do Miño de Ourense e no sur tanto da provincia ourensá como da lucense

15/07/22 | 17:50

A Xunta intensifica as accións de sensibilización para un uso responsable das franxas de mar contiguas á costa e apela á prudencia da cidadanía

 A Administración galega coordina accións dos distintos organismos implicados neste asunto para a divulgación de medidas de seguridade na navegación nas proximidades da costa e das zonas de baño

15/07/22 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha un chat desde o servizo do 012 para facilitar á cidadanía a comunicación da presenza de niños de vespa velutina

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia

15/07/22 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta decreta como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda

Esta situación operativa decrétase pola proximidade do lume ao núcleo de Gamiz, parroquia de Santalla, no concello limítrofe de Samos

14/07/22 | 16:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta visita a sede do Corpo Nacional de Policía e o centro operativo de servizo da Garda Civil para a integración dos servizos telemáticos co Ciae-112 Galicia

A finalidade é comprobar a integración dos servizos de comunicación das aplicacións das FFCCSS do estado co aplicativo de xestión de incidencias do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia

14/07/22 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cortegada cunha embarcación para rescate

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega desta lancha que se empregará en actuacións de emerxencias en augas continentais e que se suma aos case 146.000 destinados polo Goberno local á AVPC de Cortegada en material nos últimos anos.