Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

09/11/22 | 19:07 | C. de Economía e Industria

Galicia é xa unha referencia en tecnoloxía para os vehículos non tripulados, con 70 compañías que se dedican ao sector aeronáutico

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala no Parlamento que os orzamentos para 2023 dedican 27 millóns de euros a seguir consolidando o Polo Aeroespacial de Galicia

09/11/22 | 17:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende o compromiso de Galicia coa transformación dixital e sustentable da industria

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destaca no Parlamento que as prioridades son impulsar o binomio industria-sustentabilidade; inxectar innovación no tecido empresarial; e manter o mellor ciclo exportador da historia da Comunidade

08/11/22 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoiou a 19 establecementos hostaleiros da comarca de Santiago para investimentos en equipamentos post covid por un importe de case 250.000€

Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos

08/11/22 | 13:38 | A Presidencia da Xunta

A Xunta defende a importancia da colaboración público privada no impulso dunha Galicia xeradora de riqueza co apoio da “enorme oportunidade” dos fondos europeos

Rueda subliña que Galicia presentou aos Next Generation proxectos “potentes, viables e realistas” e advirte de que agora só queda que o Goberno central garanta “certezas” de que contan con esa financiación para levalos adiante
 

08/11/22 | 12:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Valencia as posibilidades dos fondos europeos para potenciar a competitividade do tecido produtivo galego en clave dixital e verde

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha charla coloquio celebrada no marco do V Congreso de Industria Conectada, onde se falou do futuro da industria e da xestión dos fondos europeos polas administracións territoriais

07/11/22 | 19:54

Galicia e Castela e León reuniranse este mes con membros da Eurocámara para informar do impacto no sector primario das políticas estatais sobre o lobo

Ángeles Vázquez e Juan Carlos Suárez-Quiñones trasladarán ao Parlamento Europeo a situación que está a vivir a gandaría e o medio rural ao Noroeste do país polas decisións “erráticas” do Goberno central con relación á xestión do lobo

07/11/22 | 14:25

A Xunta incrementa nun 21 % o investimento destinado á economía social en 2023 que alcanzará os 42 M€

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coa Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (Coceta) e a Unión de Cooperativas Galegas (EspazoCoop)

07/11/22 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia que a Xunta executará ou activará 600.000 € en investimentos nos vindeiros meses no Concello de Portas

O delegado territorial presidiu este mediodía a sesión mensual da Comisión Territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, celebrada na Casa do Concello ao abeiro do seu percorrido itinerante pola provincia, que xa a levou por Oia, Covelo, O Grove, Campo Lameiro, Lalín, Marín, Pontecesures, Rodeiro e O Porriño

07/11/22 | 12:36 | C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias dá a benvida aos novos emprendedores para iniciar a reactivación do casco vello de Vigo

A delegada da Xunta en Vigo entregou este luns as chaves aos adxudicatarios dos locais que saíron a concurso público