Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

26/02/22 | 13:14

A Xunta e o Concello de Oza-Cesuras colaborarán nun proxecto para habilitar unha senda no río Mendo

O obxectivo é poñer en valor esta zona desde o punto de vista ambiental, con actuacións de recuperación e limpeza nas marxes fluviais e eliminación de especies invasoras, ao tempo que se habilita un sendeiro para atraer visitantes e potenciar o turismo sostible

25/02/22 | 13:40

A Xunta amplía ata os 2,4 M€ as axudas para mellorar a imaxe exterior de edificios e equipamentos en resposta á boa acollida da convocatoria deste ano

A liña de subvencións para corrixir impactos paisaxísticos en edificios e vivendas particulares, cuxo orzamento pasa de 1,2 M€ a 1,6 M€, recibiu case 2.000 solicitudes

21/02/22 | 11:45

A Xunta inicia en marzo a rolda de contactos directos cos concellos nas Fragas do Eume para implicalos no Plan de xestión do parque

O Goberno galego agarda a colaboración de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes para identificar as entidades, asociacións e organizacións do seu termo municipal a ter en conta para os futuros encontros

19/02/22 | 12:56

A Xunta anima ao sector turístico a implicarse na futura regulación de usos no illote Areoso

O presidente da entidade, Cesáreo Pardal, comprométese a enviar as súas achegas e propostas nos vindeiros días para tentar enriquecer o documento, no que xa está a traballar a Consellería co obxectivo de poñelo en práctica este mesmo verán

14/02/22 | 14:29

A Xunta destinará 600.000 € á rehabilitación enerxética do Centro de Interpretación do Xurés

Ángeles Vázquez subliña que tras a recente aprobación do PRUX do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, o seu departamento quere darlle un pulo definitivo a este ámbito, cun investimento estimado de máis de 15 M€ durante a vindeira década

08/02/22 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa o novo local de axuda no fogar de Mondariz e o ecoparque do Rosal coas axudas para infraestruturas de uso público

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde Xosé Emilio Barros, supervisa a reforma do soto do consistorio de Mondariz para a súa conversión na instalación e vestiario do persoal do SAF, na que o Goberno galego investiu case 34.000 €

08/02/22 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
08/02/22 | 12:32

A Xunta iniciará a vindeira semana a tramitación da primeira Lei do clima de Galicia

Un dos obxectivos desta norma é recoñecer o clima como suxeito de dereito e tamén acelerar o camiño, iniciado pola Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, para garantir a preservación dos recursos naturais

07/02/22 | 14:57

As obras da nova planta de Sogama na Lama avanzan co fin de que entre en funcionamento a finais deste ano

A futura instalación, que conta cun investimento da Xunta de 1,1 M€, substituirá á microplanta que leva anos funcionando na localidade para mellorar o servizo

05/02/22 | 10:43

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura acolle ao lobo mariño cincento 'Cadrado' para a súa recuperación antes de ser liberado en alta mar

O exemplar, que foi rescatado por unha embarcación na zona de Estaca de Bares tras quedar atrapado no aparello do buque, permanecerá unhas semanas en observación nunha piscina de auga salgada no centro dependente da Consellería do Mar