Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 252 novas da área temática Comercio:

12/08/22 | 15:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a calidade do comercio de Ribeira e o seu papel na dinamización económica da vila

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá a feira Viamare Stock, organizada polo Centro Comercial Aberto Viamare co apoio da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

06/08/22 | 12:30 | C. de Economía e Industria

Conde ve en ‘Ofeitoaman’ unha oportunidade para impulsar desde Sanxenxo a comercialización da marca artesanía de Galicia

A feira está organizada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta e do Concello de Sanxenxo, onde recala por primeira vez para converterse nun dos grandes atractivos turísticos deste municipio na tempada estival

05/08/22 | 14:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Marín o papel do comercio de proximidade na dinamización das vilas e cidades galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá a feira Stock Marín, organizada polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín co apoio da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

03/08/22 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o valor da mostra Alfaroleiros como escaparate da gran tradición oleira da península

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na inauguración da XXVIII edición da feira, que se celebra ata o domingo 7 de agosto en Oleiros

29/07/22 | 15:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Bueu o papel do asociacionismo no impulso ao comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá na inauguración da feira, organizada pola Asociación de Comerciantes e Industrias de Bueu

27/07/22 | 15:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende que o Porto de Ferrol busque co seu proxecto de renovables a transformación do tecido empresarial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na presentación desta iniciativa, que busca desenvolver un hub enerxético e industrial na dársena exterior
 

19/07/22 | 14:25 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración facilita a consolidación en Galicia de máis de 100 novos negocios anuais de emigrantes retornados a través do programa Merlo

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, destacou o éxito da anterior convocatoria de mentorización

04/07/22 | 10:24 | C. de Economía e Industria

Os Pendellos de Agolada prepáranse para a novena edición do ‘Corazón da Artesanía’ esta fin de semana

Entre o 8 e o 10 de xullo, 42 obradoiros de Artesanía de Galicia de diferentes oficios e unha trintena de expositores de produtos de alimentación participarán nun evento no que se pon en valor a artesanía tradicional galega e a súa interrelación con outras disciplinas como a gastronomía

03/07/22 | 12:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta leva apoiados máis de 2.900 proxectos que melloran a competitividade das pemes galegas a través do programa ReAcciona

Esta liña suma preto de 13 millóns de euros en axudas desde a súa posta en marcha en 2012, facilitando o acceso a diferentes servizos co asesoramento de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a dixitalización e a innovación

02/07/22 | 14:56 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia participa na segunda edición do evento “un mercado en cada porto” que mañá comeza en Poio

A Xunta colabora na organización de varios mercados de artesanía que se celebrarán nos meses de xullo e agosto en diferentes localidades costeiras de Galicia, dedicado ás mulleres artesás galegas