Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

22/04/22 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as obras de mellora da Casa do Concello de Curtis e a dotación dun vehículo para actuacións de protección do medio ambiente no municipio

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou os proxectos levados a cabo con apoio da Xunta neste municipio, ao que nos últimos anos destinou máis de 1,7M€ para iniciativas coas que mellorar a calidade de vida local

20/04/22 | 11:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia das axudas do fondo de compensación ambiental para contribuír ao desenvolvemento sostible dos concellos tras a covid

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, lembrou hoxe no Parlamento galego que a convocatoria do ano pasado deste fondo permitiu financiar 248 proxectos relacionados coa protección do medio ambiente

04/04/22 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha trintena de expertos colabora coa Xunta no estudo de reforma da planta local galega e o impulso de novas fusións

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe unha nova reunión da comisión de seguimento do convenio entre a Xunta e a Fundación Juana de Vega, que ten como obxectivo acadar concellos máis sustentables e optimizar os seus servizos

04/04/22 | 10:05 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta abre o prazo para inscribirse nas oposicións para máis de 330 prazas de emprego público

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as convocatorias para 16 escalas profesionais que se desenvolverán polo sistema de oposición libre

29/03/22 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Mañón en actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, as actuacións levadas a cabo o ano pasado ao abeiro do Fondo de Compensanción Ambiental

25/03/22 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra aos cidadáns a importancia de avisar ao teléfono 012 da presenza de niños de vespa velutina ante o aumento da súa actividade nesta época do ano

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe ao equipo da empresa pública Seaga que se encarga este ano da retirada dos niños desta especie

21/03/22 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Padrón na recuperación ambiental no lugar da Ponte cunha achega que supera os 38.600€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, comprobou as obras levadas a cabo no concello

16/03/22 | 12:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concedeu máis de 40M€ nos últimos anos para financiar 1.400 proxectos ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicou hoxe no Parlamento galego que esta liña de axudas mellora a calidade de vida nos concellos galegos contribuíndo a xerar emprego e fixar poboación a través de espazos adecuados para a prestación dos servizos públicos

15/03/22 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes