Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta moderniza a rede de abastecemento de auga de Pontecesoras con novas canalizacións desde os mananciais de Grobas
O delegado territorial, Luis López, e o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, supervisaron esta mañá unha actuación que supuxo un investimento de case 50.000€ por parte de Augas de Galicia
Un total de 360 escolares de primeiro curso da ESO participaron nas xornadas de divulgación da Xunta sobre o uso responsable da auga
Augas de Galicia desenvolveu nos dous últimos meses actividades de difusión do novo Plan de Seca da demarcación Galicia-costa en centros educativos das catro provincias
A Xunta convoca os Premios Escolares Innovaugas 2022 para incentivar a educación ambiental arredor da utilización da auga e a preservación do medio natural
A iniciativa está dirixida aos alumnos de 1º e 2º curso de primaria co obxectivo de estimular bos costumes no uso da auga, o coñecemento dos ecosistemas hidrolóxicos, as dinámicas fluviais e os riscos asociados a eventos extremos ou ao cambio climático
Augas de Galicia actualizará o censo de industrias con autorización de vertedura
A entidade hidráulica da Xunta contará con apoio técnico para a revisión do censo de industrias obrigadas a obter autorización de vertido e para a asistencia aos concellos na elaboración dos permisos
A Xunta adxudica por máis de 3,1 M€ as obras de saneamento do río Lameira de Marín, que contribuirá á mellora da calidade das augas da ría de Pontevedra
A actuación, que conta cun prazo de execución de 12 meses, suporá a optimización da rede de saneamento na contorna do río, reducindo a entrada de augas brancas e regulando a derivación de caudal á depuradora en tempo de chuvia
A Xunta licita por 1,5 M€ o contrato de explotación, conservación e mantemento dos servizos xerais relacionados coa auga na Plisan
A adxudicataria encargarase do mantemento dos servizos xerais de subministro de auga, e evacuación e tratamento de residuais durante un período de dous anos
A Xunta denega a autorización de vertido de augas residuais da mina de volframio e estaño de Varilongo, no concello de Santa Comba
A falta de atención dos requirimentos de documentación necesaria motivan a resolución de Augas de Galicia de arquivar o expediente de autorización de vertido da explotación mineira
A Xunta asina co Concello de Noia o convenio para a mellora da estación depuradora de augas residuais, cun investimento autonómico de case 3 M€
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, firmou este acordo de colaboración co alcalde de Noia, Santiago Freire
A Xunta remata as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable do Concello de Larouco, cun investimento de máis de 48.000 €
As novas infraestruturas hidráulicas foron entregadas hoxe ao Concello
A Xunta colabora co Concello de Baltar na mellora do abastecemento municipal en Garabelos, Texós e A Quinta co obxectivo de garantir o subministro de auga aos veciños
A Xunta financia cunha achega de máis de 48.000 € as actuacións nestes tres núcleos