Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta impulsa a creación dun centro de investigación empresarial de Mestrelab en Santiago enfocada aos sectores farmacéutico e biotecnolóxico
A nova infraestrutura, que se localizará na contorna do Campus Vida da USC, mobilizará 9,8 millóns de euros e permitirá a contratación de 30 persoas investigadoras
A fábrica de fibras téxtiles impulsada por Altri en Palas de Rei, declarada como proxecto industrial estratéxico para Galicia
Rueda sinala que se trata dunha iniciativa “única en toda Europa” que integra as plantas e polpa e lyocell e insta ao Goberno a aclarar se vai acceder a fondos europeos
Xunta e Pymar colaboran para posicionar a candidatura galega no reparto dos fondos europeos ao Perte Naval
Conde explica que o que se fai é activar unha xanela única que permitirá a comunicación directa coas empresas á hora de xestionar as iniciativas que se vaian presentando desde Galicia para optar a estas axudas
Augas de Galicia actualizará o censo de industrias con autorización de vertedura
A entidade hidráulica da Xunta contará con apoio técnico para a revisión do censo de industrias obrigadas a obter autorización de vertido e para a asistencia aos concellos na elaboración dos permisos
O Plan Estratéxico da Conserva 2022-2030 reforzará a calidade, o potencial exportador e a innovación dun sector crucial para a economía e o territorio
Rueda subliña que o obxectivo é que a industria conserveira galega siga a ser un sector “punteiro e referente” malia os retos e dificultades do contexto económico
A Xunta destina máis de 6,13 millóns de euros en axudas para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e para a promoción de viños en terceiros países no ano 2023
As achegas para os investimentos en elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas teñen un orzamento de 4,43 millóns de euros e os interesados teñen de prazo ata o 31 de xaneiro de 2023 para presentar as solicitudes
A Xunta adxudica máis de 56.000 m2 no parque empresarial da Sionlla, a maior bolsa de solo que se asigna este ano
As parcelas adxudicadas en compravenda contan cunha bonificación de 2,27 M€
A Xunta e a Asociación Empresarial Seara colaboran para que As Pontes atope na transición enerxética un futuro de oportunidades para a industria
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde nun encontro na sede desta organización, no que destacou que os tres proxectos industriais estratéxicos declarados en Galicia ata este momento teñen todos a súa base na contorna
A Xunta amplía as axudas para fomentar a agricultura de precisión e a economía circular no sector agrario a través dos fondos Next Generation ata os 25,8 M€
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se amplían as axudas