Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta investirá preto de 5 M€ na contrución de 36 vivendas de promoción pública no barrio de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela
Adxudicou a redacción do proxecto e dirección de obra dun grupo de 12 vivendas e licitou o mesmo contrato para outras 24
A Xunta de Galicia investirá 2,3 M€ en mellorar a accesibilidade de 69 paradas de autobús en estradas autonómicas da zona sur de Ferrol
Aneiros explica que o plan permitirá actuar nas paradas de oito estradas autonómicas dos municipios de Ares, Fene, Mugardos e Neda
A Xunta somete a información pública a mellora de 64 paradas de autobús en 10 concellos da contorna da Coruña e de Santiago
Trenor informou que esta intervención suporá un investimento autonómico de 2,4 millóns de euros
Fernández-Tapias salienta o éxito do programa EBici en Vigo como a cidade de Galicia que máis axudas recibiu para a compra de bicicletas e anuncia unha nova edición en 2023
A delegada da Xunta en Vigo destacou a iniciativa que permitiu conceder 320 achegas para impulsar a mobilidade sostible na cidade
A Xunta e o Concello do Saviñao estudarán a posibilidade de implementar un polígono agroforestal para gandaría
Tamén se acordou arranxar a estrada que vai do cruce de Tribás a Ousende, a través do Plan de Infraestruturas Rurais de 2023, cunha contía de 120.000 euros
A Xunta asina o convenio que impide unha suba do 7% nas autoestradas autonómicas e lamenta a “pésima noticia para Galicia” do incremento das peaxes da AP-9 e da AP-53
Vázquez Mourelle salienta o esforzo redobrado do Goberno galego para conxelar as tarifas, evitando unha nova carga aos 26.500 cidadáns que cada día usan as autoestradas AG-55 e AG-57, e para manter as bonificacións que se veñen aplicando
A Xunta colaborou coas entidades locais na mellora dunha trintena de parques infantís ao abeiro da orde de infraestruturas de uso público
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o novo parque infantil de Curtis, que contou cunha achega de 40.000 euros por parte do Goberno galego no marco desta liña de axudas
A Xunta mellorou a seguridade nun treito da estrada LU-633 que coincide co Camiño Francés en Barreiros, no Concello de Sarria
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a actuación incluíu a instalación dunha pasarela de madeira e un valado, o acondicionamento do pavimento na zona pola que transitan os peóns e o reforzo da sinalización de advertencia de perigo
A Xunta apraza o investimento de 8 M€ na senda litoral e a pasarela de Santa Cristina ante a falta de apoio do Concello da Coruña
Francisco Menéndez anuncia esta decisión tras manifestar os concellos da Coruña e de Oleiros que se decantan por resolver a conexión peonil e ciclista entre ambos os municipios a través da Ponte Pasaxe