Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca a importancia de traballar na prevención e tratamento das adiccións en menores para fomentar a inclusión social
O delegado territorial da Xunta en Lugo e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participaron na apertura das xornadas sobre Menores e adiccións organizadas por Alar Galicia
A Xunta reforza o equipamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilanova de Arousa cun remolque de emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicou que esta entrega forma parte das axudas de 1M€ destinadas o ano pasado a material para estas agrupacións
A Xunta aposta pola modernización tecnolóxica do sector marisqueiro da ría de Pontevedra coa implantación da plataforma 'Xesmar' en Campelo
O delegado territorial, Luis López, supervisou esta mañá nesta lonxa do Concello de Poio o funcionamento desta aplicación informática, que facilita o traballo de xestión dos usuarios das confrarías de Raxó, Lourizán e Pontevedra
A Xunta promociona o Xacobeo no eido internacional cunha presentación en Zúrich
O director de Admón. e RR. Amigos do Camiño, Ildefonso de la Campa, asistiu á presentación de Galicia en Suíza na que participaron preto dun cento de persoas
A Xunta agradece ao rei Felipe VI o seu apoio ao Camiño de Santiago nun Ano Santo que se prevé histórico
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu en Sarria á visita do monarca en apoio ás forzas da orde que protexen as rutas xacobeas e acompañan aos peregrinos
Santiago acollerá este ano a concentración internacional de policías motoristas con motivo do Xacobeo 21-22
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, mantiveron esta mañá unha reunión sobre este evento con representantes da Asociación Internacional de Policía (IPA) en Galicia
A Xunta aposta pola formación laboral para o sector de hostalería co obradoiro de emprego ‘A Lanzada IV’ no Concello do Grove
O delegado territorial, Luis López, visitou as actividades dos módulos de Operacións Básicas de Cociña e Servizo de Restaurante e Bar, que preparan a vinte persoas desempregadas ata xullo
Marta Fernández-Tapias participa na homenaxe ás vítimas do párkinson
A delegada territorial da Xunta en Vigo mostrou o apoio decidido da Administración autonómica para promover as condicións necesarias “para lograr unha integración real e efectiva”