Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

15/06/22 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta e o Goberno central deseñan as actuacións conxuntas para previr os incendios forestais e loitar contra a actividade delituosa incendiaria

O obxectivo desta reunión, que se celebra todos os anos antes do comezo da campaña de alto risco, é o deseño de actuacións conxuntas entre a Xunta, o Goberno central e a Administración local en materia de prevención e loita contra os lumes forestais

15/06/22 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resolverá o contrato da 1ª fase do parque acuático no complexo lúdico deportivo de Monterrei e xa traballa na licitación dun novo acordo

A empresa Proyecon Galicia, SA solicitou a suspensión do contrato alegando un incremento de custos de produción por mor da falta de subministracións e a folga de transportes

15/06/22 | 11:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola formación continua dos profesionais da Administración de Xustiza para garantir un servizo de calidade á cidadanía

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou esta mañá na inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, que este ano está dedicada á Fiscalía Europea, coincidindo co primeiro aniversario da súa posta en marcha

14/06/22 | 18:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1,5M€ este ano á adquisión de material de emerxencias para 16 GES da comunidade

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de cadanseu camión de emerxencias Bomba Rural Pesada (BRP) ao servizo municipal de Emerxencias de Ponteareas e o GES da Mancomunidade de Val Miñor, que se suman aos xa cedidos aos grupos con sede en Muros e Ortigueira

Ademais de 4 camións de emerxencias BRP, o Goberno galego xa entregou outros 3 camións Bomba Urbana Lixeira aos GES de Friol, Moraña e Cervo e 3 furgonetas de emerxencias aos de Brión, Avión e Folgoso e continuará a dotar de equipos de excarceración a máis grupos

14/06/22 | 15:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o potencial turístico e económico da riqueza vitivinícola nas rutas xacobeas

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou na entrega de premios Gardiáns do viño no marco do Salón Profesional do Viño en Galicia Fevino 2022, desenvolvido en Santiago de Compostela co gallo do Xacobeo 21-22

14/06/22 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade
14/06/22 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello da Arnoia na mellora do pavimento e da accesibilidade no pavillón municipal de deportes

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, as melloras levadas a cabo o ano pasado neste edificio ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

14/06/22 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o valor inclusivo e cultural das linguas de signos españolas na celebración do seu día nacional

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participaron no acto conmemorativo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

13/06/22 | 16:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a consolidación da travesía a nado “Batalla de Rande” como unha das probas en augas abertas máis duras de Europa

A delegada territorial da Xunta presentou a décima edición da proba de natación que se disputará o vindeiro sábado, 18 de xuño, entre Cíes e San Simón

13/06/22 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta visita o concello de Parada de Sil para supervisar as obras de recuperación do miradoiro de Triguás

Gabriel Alén lembrou que a Xunta destina nesta edición un millón de euros a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas