Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

30/06/22 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 200.000€ para a adquisición de inmobles na área Rexurbe de Tui e anima os propietarios a presentar ofertas ata o 15 de xullo

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, lembrou na Praza do Concello este programa baixo o lema 'Gañas ti, Gaña Tui', da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

30/06/22 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ten en proceso de contratación por 1,2 M€ as obras de rehabilitación integral do IES de Foz

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o groso das actuacións vai orientado a reducir o consumo enerxético mediante a mellora do illamento de fachadas e cubertas, a renovación de xanelas e a instalación de luminarias tipo LED

29/06/22 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia serve de referente para Valencia

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, mostrou hoxe as instalacións e dotacións tecnolóxicas do CIAE 112 Galicia a técnicos de seguridade e infraestruturas do organismo homólogo da Generalitat valenciana

28/06/22 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia melloras no local da Asociación de veciños Barosela e na traída de auga da comunidade de usuarios de augas de Sorrego e Portopereiro

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego

26/06/22 | 11:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para o fortalecemento do sistema de saúde no distrito de Alkahera no Iemen

A intervención permitirá apoiar dous centros de saúde para reforzar a subministración de medicamentos específicos para enfermidades crónicas e garantir atención médica á poboación

25/06/22 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Diego Calvo recibe a membros do Parlamento Europeo no marco das xornadas sobre o Camiño e os roteiros culturais europeos

A recepción oficial no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela enmárcase na celebración das xornadas de estudo ‘Os Camiños de Santiago e outros itinerarios culturais: Visións desde Europa’ organizadas pola Xunta e un grupo de eurodeputados no Museo das Peregrinacións

24/06/22 | 11:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza os procesos de selección e forma aos efectivos de Policía Local de 89 concellos dos 127 que dispoñen deste corpo de seguridade

A través dos convenios asinados entre a Xunta e os concellos, contratáronse desde 2018 un total de 511 auxiliares de Policía Local, 392 efectivos da categoría de Policía Local, 28 oficiais e 2 vixilantes municipais