Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia 17 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global
O orzamento destinado á execución das actuacións no período 2022-23 suma 600.000 euros, un 20% máis que o pasado ano
O Da Summer 2022 reúne en Vigo a 5 dos mellores bailaríns europeos de hip-hop baixo o patrocinio da Xunta de Galicia
O secretario xeral para o Deporte visitou o campamento de danza urbana nunha nova mostra do pulo que a Xunta de Galicia leva realizando aos deportes urbanos nos últimos anos
A Xunta destina preto de 95.000 € á renovación de auditorios, bibliotecas, arquivos e equipamentos culturais de 8 concellos da provincia de Ourense
O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense serán beneficiados, ademais de Vilar de Barrio, os concellos de Cartelle, Pereiro de Aguiar, Cenlle, Allariz, Verea, O Carballiño e Coles
A Xunta reforza a contratación neste verán de auxiliares de policía local nos concellos máis turísticos
O Goberno galego apoia o reforzo da seguridade nos municipios con elevado incremento de poboación na época estival a través do Plan específico de subvencións para contratar auxiliares de policía local na época estival
Grupos internacionais e bandas galegas devolven a Vigo os grandes concertos da man do Festival Latitudes e o Xacobeo 21-22
Os vigueses Zålomon Grass, o dúo galego Bala, os suecos Mando Diao e os irlandeses Two Door Cinema Club foron os encargados de abrir o evento este venres no peirao de Transatlánticos
O delegado territorial da Xunta en Ourense visita os mozos e mozas que participan no campo de voluntariado de Esgos
Gabriel Alén quixo coñecer de preto as actividades que están a desenvolver os 12 mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos, no eido etnográfico
A Xunta convoca 21 prazas en 8 concellos na categoría de oficial de Policía Local
Do total de prazas, 17 corresponden ao proceso de promoción interna con 3 probas e outras 4 por mobilidade segundo os méritos acreditados
Fernández-Tapias destaca o crecemento do festival Barbeira cunha “oferta de calidade” que consolida a cita musical e as súas actividades paralelas en Baiona
A delegada territorial da Xunta en Vigo presentou este mércores a nova edición do Barbeira Season Fest que se celebrará en Baiona entre o 31 de agosto e o 4 de setembro
A Xunta destina 2,7M€ este ano á dotación de equipamento e en apoio ás actividades dos clubs e federacións deportivas da comunidade
O vicepresidente segundo visitou hoxe o Club Náutico Firrete de Pontedeume, unha das 97 entidades beneficiarias das axudas para a adquisición de equipamentos, nas que a Xunta inviste 700.000 euros
A Xunta sitúa a Ourense no epicentro musical coa celebración do OUR FEST Xacobeo 22 o vindeiro 17 de setembro
O delegado territorial subliña que se procura amosar o "impresionante patrimonio natural e inmaterial" que posúe Galicia