Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fernández-Tapias cifra en 12M€ a inversión actual da Xunta de mellora nos centros educativos da área de Vigo
O curso 2022/23 deu comezo hoxe para os estudantes de todas as etapas educativas, coa incorporación de 61.536 alumnos de Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO e Bacharelato no caso da área viguesa
Trenor felicita ao Club del Mar San Amaro polos seus 87 anos de existencia e anima aos seus socios seguir avanzando para alcanzar o grao de centenario
O delegado da Xunta felicitou tamén aos socios que recibiron a insignia como recoñecemento aos seus cincuenta anos de fidelidade
A Xunta e o CB Sagrado Corazón promoven un evento deportivo co baloncesto e o Camiño de Santiago como eixos principais
A iniciativa Xacobeo Basket Total promoverá torneos con equipos nacionais de ACB, de categorías inferiores, clinic con adestradores de renome e partidos 3x3 en catro concellos lucenses
A Xunta estende máis aló do verán a campaña ‘X unha costa + segura’ para minimizar a interacción entre bañistas e navegantes
O delegado territorial na Coruña, o secretario xeral para o Deporte, a presidenta de Portos de Galicia e o director xeral de Emerxencias fixeron balance en Sada da acción informativa promovida no verán nas tres provincias costeiras coa instalación de máis de 500 carteis
A Xunta remata a rehabilitación integral e enerxética do CEP Sequelo de Marín cun investimento de 825.000 €
O delegado territorial, Luis López, supervisou a modernización do centro, acompañado pola alcaldesa María Ramallo, nas vésperas do inicio do curso escolar e destaca o cumprimento dos prazos previstos malia a crise de subministros
A Xunta inviste máis de 45.000 euros en actuacións de restauración e posta en valor do foxo do lobo do Salas
O delegado territorial explicou que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vai investir máis de 27.000 euros na edición deste ano
Martina Aneiros visita a nova casa niño financiada pola Xunta en Monfero
A delegada territorial lembrou que actualmente están en funcionamento na comarca as habilitadas nos municipios de A Capela, As Somozas, Cerdido e Moeche
Fernández-Tapias confirma o “sold out” para o concerto de Muse en Balaídos, dentro do programa Xacobeo 21-22, tras venderse 2.000 novas entradas “en tres minutos”
A delegada territorial da Xunta valora a elevada demanda dos novos tíckets vendidos como exemplo do éxito da programación do Xacobeo 21-22
A Xunta amplía a rede pública autonómica de escolas infantís coa apertura e posta en marcha do novo centro da Guarda, no que se investiron 845.000 €
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiron esta mañá á estrea desta escola infantil, que conta con 32 cativos matriculados para este curso
A Xunta apoia a Semana da Moda de Vigo na que participan 30 comercios da Asociación Zona Náutico
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destacaron da iniciativa o seu dobre obxectivo de dinamización das vendas e visibilidade do comercio de proximidade