Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

20/12/22 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Semana Verde pecha 2022 con cifras récord en varias feiras e un grande incremento na facturación da central agropecuaria de Galicia Abanca

O Padroado da entidade xuntouse hoxe para facer balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2023

20/12/22 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Máis dun millar de escolares de Ferrolterra participan en Narón na proba zonal de campo a través ao abeiro do programa Xogade

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, achegouse esta mañá ao estadio municipal de Río Seco en cuxa contorna se desenvolveron as probas en categorías benxamín, alevín e infantil

20/12/22 | 10:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor participa na inauguración do Foro da Axenda Urbana organizado polo Concello de Ames

O delegado da Xunta animou a todos os participantes a sacar o maior aproveitamento desta cita e a empregar ao Goberno da Xunta, como axente de cohesión e como bastón de apoio neste apaixonante camiño que afrontan as cidades

19/12/22 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor comprobou as actuacións do Fondo de Compensación Ambiental de Vimianzo e Dumbría que supuxeron un investimento de case 279.000 €

A achega do Goberno galego permitiu a adquisición dunha pick-up en Vimianzo e a mellora de rede de abastacemento en tres parroquias de Buxantes en Dumbría

19/12/22 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Galega de Protección Civil informou de xeito favorable das revisións e actualizacións de catro plans de emerxencias exterior

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu hoxe o pleno da entidade, na que se informou favorablemente dos Plans de Emerxencia Exterior de Punta Promontoiro, Foresa-Caldas, Syngenta e Gasib
 

19/12/22 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta iniciará en xaneiro as obras de mellora de eficiencia enerxética no edificio da delegación da Xunta na Coruña por un importe de 1,8 M€

O delegado territorial presentou hoxe o proxecto que inclúe a instalación de dúas caldeiras de biomasa e a mellora do sistema de control e a substitución dos equipos de iluminación existentes por luminarias LED

19/12/22 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias celebra a aprobación da proposta para coordinar unha programación cultural ao redor da figura de Carlos Oroza

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a unanimidade recibida pola Proposición Non de Lei do Grupo Parlamentario Popular na Cámara galega

19/12/22 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acada o seu máximo histórico para equipamentos deportivos con 4,6 M€ para 811 entidades en 2023

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de federacións, clubs e sociedades deportivas beneficiarias da segunda convocatoria destas subvencións con 714 solicitudes admitidas que percibirán case 4M€