Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

01/02/20 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Campionato Provincial de Campo a Través Xogade celebrado en Vigo acada un récord de participación con 1.300 escolares e un 51% de inscricións femininas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, desprazáronse hoxe a este evento

01/02/20 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aposta por estender o modelo SEMGAL ao conxunto do sistema educativo galego, como exemplo de inclusión nas aulas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, inauguraron hoxe a I Xornada formativa sobre este Modelo de Enriquecemento Escolar adaptado a Galicia, que congrega a uns 350 docentes

31/01/20 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reformou con 153.000 euros o salón de actos do IES de Foz, listo para acoller de novo os Campionatos de baristas

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, participou na presentación dos certames, que se celebrarán entre o 12 e o 14 de febreiro

31/01/20 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Concello de Negreira colaboran na renovación e mellora enerxética do alumeado público

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron esta actuación financiada con máis de 65.400 euros no marco do Fondo de Compensación Ambiental

31/01/20 | 10:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 6,4 M€ ás axudas a entidades locais dirixidas a promover a igualdade e previr e tratar a violencia de xénero

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas que engloba o fomento da conciliación; a promoción da igualdade e a prevención de violencia de xénero; ou o apoio aos Centros de Información á Muller

30/01/20 | 19:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a Cidade da Xustiza de Vigo como a "xoia da coroa" do Plan de infraestruturas xudiciais, cun investimento de máis de 40 millóns de euros

Salienta que con esta obra recuperase para os vigueses un edificio histórico e emblemático que concentrará todas as dotacións xudiciais da cidade

30/01/20 | 19:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por visibilizar o talento feminino para avanzar cara a unha igualdade real entre mulleres e homes

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron hoxe na presentación do proxecto 'Referentes Galegas' de Executivas de Galicia

30/01/20 | 17:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Corina Porro exixe ao alcalde de Vigo que deixe de mentir sobre a Xunta de Galicia e nomeadamente sobre o hospital público vigués

Pídelle ao rexedor que free a campaña de descrédito contra este centro sanitario que xa a xustiza deixou claro que é “100 por cento público”

30/01/20 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha Son Executiva, o programa de liderado feminino destinado a 400 mulleres galegas

O prazo de inscrición para esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria está aberto e as sesións presenciais celebraranse entre os meses de febreiro e xullo

30/01/20 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o anteproxecto de Lei de acción exterior que aspira a mellorar a proxección de Galicia a través da coordinación da acción exterior

Feijóo explica que a súa a pretensión é regular a participación galega na negociación Xunta-Estado, mellorar a atención dos galegos no exterior, consolidar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e dotar Galicia de maior protagonismo na cooperación