Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

12/03/20 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra na Delegación de Pontevedra unha xornada informativa para asesorar aos propietarios de vivendas de uso turístico das novas ferramentas para cumprir a normativa

Enmárcase no ciclo que o Goberno autonómico está a celebrar en distintos puntos de Galicia para atender dúbidas e explicar a plataforma tecnolóxica que está en marcha para remitir trimestralmente os seus datos de ocupación deste ano

12/03/20 | 12:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o traballo dos voluntarios de Protección Civil en actuacións de prevención e en intervencións en emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe as instalacións da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cangas

12/03/20 | 11:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel dos profesionais de Traballo Social a prol da Igualdade e na atención a vítimas de violencia de xénero

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe na inauguración da “I Xornada Galega de Traballo Social e Feminismos”

11/03/20 | 17:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Xunta e Fegamp reuniranse mañá para afondar na coordinación ante o contaxio de coronavirus e resolver dúbidas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, manterán un encontro co presidente da Fegamp, Alberto Varela

11/03/20 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma o seu compromiso coa atención a persoas con discapacidade intelectual coa colaboración con Aspanaex

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio coa asociación sobre a colaboración do Goberno galego na rehabilitación do edificio que acollerá a futura residencia da entidade

10/03/20 | 17:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da colaboración entre administracións para equipar aos servizos de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o parque de bombeiros de Verín

10/03/20 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola promoción do emprendemento feminino e da participación das mulleres no ámbito da innovación

O vicepresidente da Xunta visitou hoxe unha empresa de servizos técnicos de enxeñaría topográfica baseados no uso de drons e que foi beneficiaria do programa Emega

10/03/20 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por visibilizar a violencia sexual que padecen as mulleres con discapacidade

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe na inauguración da xornada ‘Mulleres con discapacidade ante a violencia, ¿estamos protexidas?’

09/03/20 | 19:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa 20 quilos de percebe nun dispositivo contra o furtivismo na Coruña

Os axentes levantaron 5 actas de infracción nun control levado a cabo o pasado sábado e entregaron o marisco decomisado a unha asociación benéfica da cidade

09/03/20 | 17:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica leva a cabo 69 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, realiza diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega