Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

21/03/20 | 17:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta puxo en marcha un Posto de Mando Avanzado na delegación territorial de Ourense para coordinar as accións na provincia durante o estado de alarma

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira,presidiu a reunión de constitución deste equipo composto por representantes de xefaturas territoriais, de emerxencias e da policía autonómica

21/03/20 | 17:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta constitúe o Posto de Mando Avanzado da provincia de Lugo co obxecto de coordinar a mellor resposta para a prevención e seguimento da pandemia por coronavirus

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, presidiu a primeira reunión deste organismo no que están integradas todas as consellerías e tamén representantes dos servizos de Emerxencia e da Unidade Adscrita da Policía Autonómica

21/03/20 | 16:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta puxo en marcha un Posto de Mando Avanzado na delegación territorial da Coruña para coordinar as accións na provincia durante o estado de alarma

Este equipo está composto polo delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, representantes de todas as xefaturas territoriais, de emerxencias e da policía autonómica

21/03/20 | 16:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As delegacións da Xunta en Pontevedra e Vigo poñen en marcha o Posto de Mando Avanzado na provincia

Os delegados territoriais da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e Vigo, Corina Porro, dirixen estes PMA que teñen como obxectivo a coordinación entre concellos e Xunta na loita contra o COVID-19 

21/03/20 | 16:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incide na necesidade urxente de equipos de protección individual para os profesionais sanitarios na loita contra o coronavirus

O Centro de Coordinación Operativa acordou na súa reunión de hoxe permitir a ocupación en vehículos con máis dun traballador nos desprazamentos laborais de sectores críticos que manteñen a súa actividade

20/03/20 | 17:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Ministerio de Xustiza ordea manter os seus criterios sobre os servizos mínimos durante o estado de alarma por coronavirus

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou por videoconferencia na reunión da Conferencia Sectorial de Xustiza

20/03/20 | 16:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha un plan de reforzo destinado á atención e protección das vítimas de violencia de xénero

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, informou hoxe deste plan nunha reunión por videoconferencia con responsables de Igualdade das comunidades

17/03/20 | 07:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita ao Goberno máis Equipos de Protección Individual para os servizos de emerxencia e Protección Civil

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha videoconferencia co ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska; os conselleiros da área do resto de comunidades autónomas; e os delegados de Goberno

16/03/20 | 19:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O teléfono de atención e información 012 recibiu na mañá de hoxe máis de 1.500 chamadas

O volumen de chamadas desta mañá foi un 54% superior á media dunha xornada habitual

12/03/20 | 20:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Fegamp reforzan a súa coordinación para manter informados aos concellos sobre o seguimento do coronavirus

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, mantiveron esta tarde unha reunión con representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)