Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia a mellora do local social da asociación veciñal de San Vicente de Graíces, na Peroxa
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o edificio ao que se destinaron máis de 14.000 euros para a mellora da accesibilidade e do equipamento, entre outras accións
A Xunta aposta por centrar os esforzos en reducir as emisións da agricultura para acadar a neutralidade climática neste sector en 2035
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións onde se debateu sobre as estratexias rexionais de adaptación para acadar unha agricultura baixa en carbono
A Xunta destaca os valores espirituais do Camiño de Santiago e o seu papel como motor da recuperación económica e turística
A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, participou na inauguración do evento, onde tamén puxo en valor as rutas xacobeas como elementos dinamizadores da oferta cultural e turística de Galicia
O Bono Turístico da Xunta pode gastarse ata finais de ano nos 156 negocios adscritos na provincia de Lugo
O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que as tarxetas reactiváronse tralo verán “para axudar a impulsar o sector fóra da tempada alta”
Conde resalta que a planta de Omega-3 que IFFE Biotech porá en marcha nas Somozas contribuirá a facer de Galicia un referente no sector
Agradece ao Grupo IFFE Futura a confianza que están depositando en Galicia implantándose nun concello e nunha comarca que necesitan iniciativa industrial cun proxecto de alto valor engadido
A Semana Olimpica reúne en Vilagarcía ao presente e futuro da vela nacional nun novo éxito organizativo do deporte galego
O secretario xeral para o Deporte volveu a insistir na importancia da vela para os vindeiros Xogos Olímpicos
Trenor inaugura o obradoiro de emprego de Noia, Lousame e Outes a que formará 20 alumnos en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas
O delegado da Xunta informou que na comarca do Barbanza o Goberno galego financiará 5 obradoiros de emprego na convocatoria 22-23 cun investimento que supera os 2,3 millóns de euros
Fernández-Tapias destaca a Vigo como “epicentro mundial do sector dos produtos do mar” na inauguración do X congreso internacional Conxemar-FAO
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na apertura do evento que abre a semana da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar)
A Xunta activa o convenio con Farmamundi para a atención á poboación afectada polo furacán Fiona na República Dominicana
A actuación enmárcase nos acordos de resposta ante emerxencias e suporá unha achega de 16.000 euros para a distribución de alimentos e artigos de hixiene, entre outras actividades
A Xunta mellora o edificio dos xulgados de Ortigueira cun investimento de 38.000 euros
O vicepresidente segundo, Diego Calvo, visitou as instalacións para comprobar as actuacións desenvolvidas