Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

12/04/20 | 10:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realizou 344 actuacións desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde na provincia da Coruña

Desinfectan as áreas rurais máis concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio todos os días da semana

11/04/20 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incide na necesidade de prestar atención psicolóxica ás persoas máis vulnerables durante o confinamento polo coronavirus

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sobre a evolución deste servizo que se leva a cabo a través do teléfono 112

09/04/20 | 10:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica denuncia a catro persoas por infrinxir o estado de alarma ao estar consumindo bebidas nun mesón en Santiago

Foron identificados no interior do local tres clientes, consumindo bebidas, así como o propietario do mesmo, sendo todos denunciados por infracción ao vixente Real Decreto do Estado de Alarma

08/04/20 | 20:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide ao Ministerio do Interior un protocolo único no caso de que se amplíe a máis poboación a recomendación do uso de máscaras

O vicepresidente da Xunta reclamou ao ministro do Interior que o Goberno central determine como sería a distribución e o acceso ao material de protección

08/04/20 | 17:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta
08/04/20 | 14:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo conta dende hoxe con dúas unidades de desinfección de vehículos

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, sinala que prestarán servizo aos coches da Administración e Policía autonómica, así como aos de Protección Civil e Policía Local dos concellos lucenses

08/04/20 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Delegacion Territorial da Xunta en Pontevedra conta dende hoxe con dúas unidades de desinfección de vehículos

Prestarán servizo aos coches da Administración e Policía autonómica, así como os vehículos de 47 concellos pertencentes á esta área territorial, nos que se inclúen os de Protección Civil e Policía Local

07/04/20 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e as federacións de transporte de mercadorías constatan a necesidade de estender a distribución de mascarillas aos profesionais de reparto de proximidade

O Goberno galego aposta por que se atendan as necesidades deste colectivo que quedou fóra da entrega de material do Ministerio, aproveitando as 10.000 mascarillas adicionais entregadas pola Xunta aos transportistas

07/04/20 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta envía máis de 51.400 novas unidades de protección a todos os concellos da provincia de Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explica que a administración autonómica distribuirá neste novo envío 31.300 luvas, 19.200 mascarillas, 397 traxes, amais lixivia e xel hidroalcohólico