Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

17/04/20 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Fondo de Cooperación Local da Xunta leva repartido no que vai de ano entre os concellos da provincia ourensá máis de 6,5 millóns de euros para facilitar a liquidez das facendas locais

Os 92 concellos ourensáns recibiron esta semana o diñeiro do mes de marzo xunto coa liquidación correspondente a 2018, que se cifra en case 4,9 millóns de euros, que supón un ingreso a maiores nesta época facer fronte as súas necesidades máis urxentes

17/04/20 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os concellos da área de Vigo reciben do fondo de cooperación local preto de 3,7 millóns para obras e servizos da súa competencia

A delegada territorial, Corina Porro, destaca o compromiso do Goberno galego co municipalismo, que suma a este programa outras liñas de axudas e subvencións das distintas consellerías; “unha inxección de liquidez en tempos difíciles”

16/04/20 | 19:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta envía esta semana 28.000 novas unidades de protección aos concellos da provincia de Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explica que dende que comezou a crise sanitaria o Goberno galego entregou aos municipios da provincia 54.800 máscaras cirúrxicas e 103.500 guantes, entre outro material

16/04/20 | 14:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta inicia hoxe a entrega do primeiro envío de mascarillas a empresas e autónomos que retomaron a actividade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron esta mañá unha reunión con representantes de clusters galegos

15/04/20 | 16:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Deputación da Coruña distribuirá a través da plataforma loxística da Xunta 230.000 máscaras aos concellos da provincia

A Deputación da Coruña súmase á de Ourense na entrega de material para o seu reparto entre os concellos pola Xunta mediante o seu centro loxístico

14/04/20 | 18:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta retoma as obras da senda de Toiriz, en Lugo, observando as debidas medidas de protección individual e de organización do traballo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste 419.000 euros na construción dunha vía peonil e ciclista ao longo de case 2 quilómetros da LU-612, entre o inicio da estrada de Portomarín e o acceso á igrexa de Piugos

14/04/20 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta subministrará a prezo de custo máscaras e guantes a empresas e autónomos dos sectores esenciais que así o soliciten

A Administración autonómica encargarase da subministración ante a imposibilidade de que moitas pequenas e grandes empresas poidan conseguir material de protección polos seus propios medios no mercado

13/04/20 | 16:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O 061 de Galicia asistiu a nove persoas por oito accidentes de circulación durante a Semana Santa

Desde as 15,00 horas do mércores, 8 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 12 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu once chamadas por accidentes de tráfico

13/04/20 | 10:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Delegación Territorial da Coruña conta desde fai uns días con dúas unidades de desinfección de vehículos

Estes equipos prestan servizo aos coches de Protección Civil e Policía Local dos concellos coruñeses, así como aos da Administración Autonómica e da Policía Autonómica

12/04/20 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O servizo de prevención e defensa contra incendios leva realizadas 160 desinfeccións en centros de saúde e residencias das comarcas da provincia de Pontevedra

Ademais dos centros asistenciais, nestas tres semanas de traballo tamén desinfectaron outras áreas do rural especialmente concorridas, como beirarrúas ou zonas establecidas para a recollida do lixo