Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

20/04/20 | 17:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As dotacións culturais da Xunta en Lugo conmemoran o Día do Libro con actividades a través da rede

A Consellería de Cultura e Turismo programa iniciativas arredor do 23 de abril que inclúen concursos e roteiros online

20/04/20 | 17:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta subministra 88.000 mascarillas a empresas e autónomos de Lugo a través de asociacións empresariais

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, subliñou que a Xunta continuará distribuíndo este material aos sectores produtivos ao mesmo prezo ao que o adquire

20/04/20 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta retoma a execución de preto de 400 obras públicas, que supoñen un investimento duns 230 millóns de euros

É unha das decisións acordadas pola Xunta para garantir a prestación dos servizos públicos e o funcionamento da economía dentro das restricións vixentes

20/04/20 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta garante o apoio á coordinadora galega de ONGD para reforzar o sector da cooperación ao desenvolvemento

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, mantiveron esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento

20/04/20 | 11:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica denuncia a 16 persoas por furtivismo en varios concellos da costa coruñesa

Tamén foron denunciadas por infrinxir o actual Real Decreto do Estado de Alarma

18/04/20 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A bolsa de contratación de auxiliares de Policía Local da Xunta permitiu cubrir xa preto de 100 prazas en 36 concellos galegos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta maña una reunión cos representantes do corpo da Policía Local galega

17/04/20 | 16:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 512.000 euros a talas e desbroces nas marxes de cinco estradas autonómicas en nove concellos da provincia

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explica que se limpan en total 26,7 quilómetros para mellorar a seguridade viaria e reducir riscos en caso de incendio

17/04/20 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inxectou 6,4 millóns de euros aos concellos lucenses no primeiro trimestre do ano a través do Fondo de Cooperación

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, subliña que cada municipio pode destinalo ás obras ou servizos que consideren máis urxentes, incluídas as medidas de loita contra o coronavirus

17/04/20 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega aos concellos da provincia da Coruña o Fondo de Cooperación Local do mes de marzo e a liquidación de 2018 para dotalos de efectivo

A provincia da Coruña recibiu, con cargo a estas achegas no primeiro trimestre do ano, 13,8 millóns de euros para poder facer fronte agora as súas necesidades máis urxentes

17/04/20 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Fondo de Cooperación Local da Xunta leva repartido no que vai de ano entre os concellos da comarca do Salnés case 1,3 millóns de euros para inxectarlles liquidez

Os 9 concellos desta comarca recibiron esta semana o diñeiro do mes de marzo xunto coa liquidación correspondente a 2018, que supón un ingreso a maiores nesta época facer fronte as súas necesidades máis urxentes