Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

03/05/20 | 11:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva entregadas preto de 47.695 unidades de protección contra o COVID-19 aos concellos do Salnés

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Goberno autonómico enviou xa a estes municipios máis de 28.360 luvas, 17.680 máscaras, asi como traxes de protección e produtos de desinfección

02/05/20 | 17:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide ao Goberno central que aclare se as restricións para saír se deciden por concellos ou por núcleos de poboación

O Goberno autonómico ten recibido dúbidas de municipios galegos que non saben se os seus veciños están incluídos dentro das excepcións ou non

02/05/20 | 14:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta repartiu preto de 8 millóns de unidades de protección no primeiro mes da plataforma loxística Clonegal

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o centro desde o que se distribúe o material adquirido para todo o persoal, agás o sanitario, que participa na contención da pandemia

01/05/20 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Farmamundi colaboran nunha actuación de asistencia alimentaria de emerxencia para a poboación palestina de Gaza

A intervención permitirá atender a unhas 750 persoas ás que se lles entregarán cestas nutricionais e información relacionada coa prevención do COVID-19

30/04/20 | 16:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a necesidade de rectificar o plan de desescalada do Goberno cunha maior participación das comunidades

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu hoxe no Senado na reunión da Comisión Xeral das Comunidades Autónomas, onde pediu unha cooperación entre administracións para reactivar a actividade

30/04/20 | 16:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
30/04/20 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva entregadas preto de 330.000 unidades de protección aos concellos da provincia de Ourense desde o decreto de alarma

A Administración autonómica durante esta semana enviou dous novos lotes de material aos concellos integrados por 14.660 luvas, 15.800 mascarillas, 300 traxes, 177 pantallas faciais e outras tantas batas doadas por Inditex

30/04/20 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilitou ata o de agora máis de 170.640 unidades de protección aos catorce concellos da área territorial de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 104.200 luvas, 64.594 máscaras, 1.846 traxes e diversos produtos de desinfección

30/04/20 | 09:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta oferta 530 prazas do plan de formación para as forzas de seguridade que se impartirá en liña debido ao COVID-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o plan de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

29/04/20 | 16:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reparte un total de 1.319 ordenadores entre as familias con menos recursos da comarca do Salnés

Ademais dos portátiles con conectividade que enviou a Amtega a cada centro, tamén se distribuíron tabletas e portátiles que estaban dispoñibles nos centros educativos