Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

09/05/20 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece o traballo de Cruz Vermella para protexer aos máis vulnerables durante a emerxencia sanitaria

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes da entidade en Galicia

09/05/20 | 01:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
08/05/20 | 17:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o protocolo para garantir a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial de forma gradual e segura

Este protocolo comezará o 11 de maio coas actuacións preliminares, que se prolongarán durante unha semana e nas que se identificará o persoal con despacho, así como os espazos de traballo compartido nos que se cumpre a distancia de seguridade

08/05/20 | 16:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta dotará de sistemas de videoconferencia a tódolos xulgados galegos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con ministro de Xustiza,Juan Carlos Campo e representantes de Xustiza das comunidades autónomas

08/05/20 | 16:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traslada á Fegamp a relación de 1.428 parroquias nas que hai liberdade de horario de saídas desde hoxe

A lista foi elaborada despois do encargo da Delegación de Goberno a última hora da tarde de onte

07/05/20 | 21:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Delegación do Goberno dá finalmente á razón á Xunta e permite que o límite de 5.000 habitantes para as saídas se decida en función dos núcleos de poboación

A partir de mañá será efectiva a modificación e poderán saír con liberdade horaria as persoas que residan en núcleos separados de menos de 5.000 habitantes

07/05/20 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilitou ata o de agora case 1.070.000 unidades de protección aos concellos e centros sociais da provincia de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que dende o inicio do reparto entregáronse dende este departamento case medio millón de unidades de protección na súa área, dos cales 156.360 foron luvas e 114.152 máscaras

07/05/20 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta iniciou os traballos de destrución de algo máis de 270.000 expedientes de distintos órganos xudiciais de Pontevedra

A documentación atópase na súa maior parte no depósito que o Arquivo Xudicial Territorial ten no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra

07/05/20 | 10:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilitou ata o de agora máis de 573.025 unidades de protección aos concellos e centros sociais da área de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 290.200 luvas, 251.336 máscaras, 15.796 traxes, batas, pantallas e produtos de desinfección

06/05/20 | 15:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O teléfono de atención e información á cidadanía 012 recibiu máis de 70.000 chamadas dende o inicio do estado de alarma

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou as instalacións do servizo, onde agradeceu o labor dos xestores telefónicos durante estes días, nos que atenderon unha media de 1.000 chamadas diarias con dúbidas relacionadas co coronavirus