Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

15/05/20 | 18:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega 50 aparellos de radio a residencias de maiores titularidade autonómica da provincia de Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que os transistores foron cedidos por Electrodomésticos Domínguez e repartíronse nos centros das Gándaras e A Milagrosa (Lugo) e nos de Monforte de Lemos e Burela

15/05/20 | 16:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as actuacións preliminares e o próximo luns comezaranse a incorporar os empregados públicos

Nesta primeira fase, incorporaranse os xefes de servizo ou postos asimilados e as persoas que non poden teletraballar, sempre que o seu posto cumpra coas garantías sanitarias

15/05/20 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta responsabiliza ao Concello de Ponte Caldelas en caso dun posible accidente trala instalación de dous arcos sen autorización nunha estrada autonómica

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recorda que a colocación deste tipo de instalacións necesita dunha solicitude previa ante a administración responsable da vía e que así se lle comunicou antes de que executara a obra

15/05/20 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o traballo das universidades na prevención e na loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta semana por videoconferencia coas directoras das Oficinas de Igualdade das tres universidades galegas para avaliar as actividades realizadas no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

15/05/20 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilitou ata o de agora máis de 508.200 unidades de protección a un centenar de centros sociais da área de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 204.990 luvas, 192.015 máscaras e 9.672 batas, entre diverso material protección de desinfección

15/05/20 | 12:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Catorce centros residenciais de Ourense reciben móbiles, tablets e radio transistores para facilitar aos seus usuarios a comunicación e o entretemento durante o confinamento

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, explica que esta medida forma parte do Plan Social de continxencia posto en marcha polo Goberno galego

15/05/20 | 11:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
14/05/20 | 16:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O vicepresidente da Xunta participa nunha videoconferencia coa S.M. o Rei don Felipe VI para poñer en valor o traballo do persoal das emerxencias

En Galicia, os voluntarios de Protección Civil e os profesionais dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) levan realizado máis de 80.000 operativos

14/05/20 | 14:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Balseiro agradece o traballo das máis de 2.000 persoas voluntarias de protección civil da provincia “que realizan un labor fundamental na loita contra a pandemia”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo unha reunión con representantes das 48 agrupacións da provincia para coñecer as súas achegas e necesidades

13/05/20 | 16:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apela á necesaria coordinación entre administracións durante a emerxencia sanitaria

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, respondeu hoxe a unha pregunta parlamentaria sobre o funcionamento do Centro de Coordinación Operativa (Cecop)