Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

28/05/20 | 11:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/05/20 | 10:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Educación licita por case 900.000 € a rehabilitación integral do CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros)

Ovidio Rodeiro explicou que o obxectivo é poder comezar as obras durante o verán e terá un prazo de execución de tres meses

27/05/20 | 16:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega esta semana 30.000 novas unidades de protección fronte ao coronavirus aos concellos da provincia de Lugo

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explica que en dous meses de repartos continuados o Goberno galego distribuíu 308.000 unidades aos municipios lucenses para a continuidade dos servizos básicos

27/05/20 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Os votantes e membros das mesas electorais deberán usar máscara de forma obrigatoria e hixienizar as mans

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, presentaron hoxe o protocolo coas medidas preventivas para a xornada electoral do próximo 12 de xullo

27/05/20 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta volveu adiantar este mes o pagamento de 649.000 euros da Risga ás 1.433 persoas beneficiarias da provincia de Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que se abonou con case unha semana de antelación igual que en abril, para garantir que os perceptores poidan contar cos ingresos máis axiña no actual contexto derivado da crise sanitaria

27/05/20 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita a 995 familias da comarca da Coruña o seu visto e prace para recibir a bolsa de comedor durante a suspensión das escolas infantís

Como único requisito terán que estar ao corrente das súas obrigas tributarias e sociais e dar autorización á Administración autonómica para consultar os seus datos bancarios

27/05/20 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ten en marcha un Plan de reforzo de atención ás vítimas de violencia de xénero durante o estado de alarma e mantén todas as axudas e recursos destinados ao seu apoio

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia coas representantes dos dez Centros de Información á Muller (CIM) da área territorial

26/05/20 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Semana Verde reanudou a súa central agropecuaria con medidas de seguridade e novos sistemas telemáticos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a Central Agropecuaria de Galicia, na primeira xornada de actividade tras a suspensión dos mercados de gando debido ao estado de alarma polo coronavirus
A central implantou un sistema de preinscrición obrigatoria a través da súa páxina web, por correo electrónico e por whatsapp

26/05/20 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva enviadas case 1,6m de unidades de material de protección individual a 177 centros sociais da provincia de Ourense nun total de nove entregas durante o estado de alarma

En total, foron 433.530 luvas, 467.860 máscaras, 19.521 batas, 3.465 mandís, 26.100 gorros e 40.200 calzas, así como diverso material de produtos de desinfección e limpeza