Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

29/05/20 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ten en marcha un plan de reforzo de atención ás vítimas de violencia de xénero durante o estado de alarma e mantén todas as axudas e recursos destinados ao seu apoio

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o delegado territorial da Xunta en Coruña, Ovidio Rodeiro, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia coas representantes dos 29 Centros de Información á Muller (CIM) da provincia

29/05/20 | 10:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca o proceso selectivo para 119 prazas de auxiliares de Policía Local

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras deste proceso selectivo, cuxas probas poderían celebrarse no mes de xuño

28/05/20 | 20:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda ao Goberno central que defenda vincular o acordo de pesca ao de libre comercio nas negociacións do Brexit

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde por videoconferencia na 62ª reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE)

28/05/20 | 19:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta Electoral Central aproba que os electores poidan votar por correo sen necesidade de saír da súa casa

O acordo atende a maior parte das demandas do Goberno galego recollidas no protocolo de medidas preventivas fronte á covid-19 deseñado para garantir a seguridade na xornada electoral do 12 de xullo

28/05/20 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

A Xunta e o Norte de Portugal apostan por abrir máis pasos fronteirizos para reactivar a actividade económica

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuníronse por videoconferencia co presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Fernando Freire de Sousa

28/05/20 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta está a adoptar e reforzar as medidas e axudas destinadas á atención das vítimas de violencia de xénero durante o estado de alarma

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantiveron hoxe unha reunión por videoconferencia coas representantes dos 17 CIM da provincia

28/05/20 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solta 500 troitas na lagoa de Mina Mercedes no Concello de Valga

Os exemplares contan cun tamaño medio, duns 20 centímetros, co obxectivo de relanzar a actividade neste couto.

28/05/20 | 11:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fixo 14 entregas aos concellos da provincia de Ourense desde o decreto de alarma achegando máis de 431.000 unidades de protección individual

A Administración autonómica durante esta semana enviou dous novos lotes de material aos municipios, agás o da capital, integrados por 13.700 luvas, 19.350 mascarillas, 368 traxes, 277 pantallas faciais e 568 batas doadas por Inditex

28/05/20 | 11:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilitou ata o de agora máis de 830.095 unidades de protección aos concellos e centros sociais da área de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación Territorial 372.890 luvas, 320.097 máscaras, 22.570 traxes e batas, ademais de produtos de desinfección