Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

02/06/20 | 17:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os máis de 130 coordinadores de prevención da xornada electoral comezarán a formarse este xoves

Todos eles son profesionais con formación técnica ou en prevención de riscos laborais

02/06/20 | 14:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide á Xunta Electoral Central que acepte o sistema Chave365 para solicitar de forma telemática o voto por correo

A comunicación da semana pasada da Xunta Electoral Central refírese a que se poderá solicitar o voto de forma telemática mediante firma electrónica, por iso a Xunta pide que se acepten tamén os sistemas Chave365 e cl@ve

01/06/20 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por garantir a atención ás vítimas de explotación sexual e de trata

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia con representantes da Rede Galega contra a Trata

01/06/20 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os alumnos da 12ª promoción de Policía Local incorpóranse hoxe á actividade lectiva na Agasp tras a suspensión pola covid-19

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe na súa visita ao centro a importancia de “contar con profesionais ben formados para prestar un servizo que se demostrou fundamental tanto nos meses máis duros da pandemia como no actual proceso de desescalada”

01/06/20 | 12:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por máis de 100.000 euros as obras de mantemento e rehabilitación da igrexa de Santa María de Lamas en Boqueixón

Ovidio Rodeiro destacou que estas obras permitirán resolver as patoloxías existentes no ben, causadas fundamentalmente pola humidade

31/05/20 | 10:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova a colaboración cos comités españois das axencias das Nacións Unidas para apoiar proxectos de prevención e loita contra o coronavirus

O Goberno galego colaborará con UNICEF en dous proxectos en Venezuela e Cuba, e con ACNUR e coa Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina na (UNRWA)protección das persoas refuxiadas durante a pandemia

30/05/20 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e CCDR-N acordan reunir á Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal para poñer en marcha o plan post-covid de impulso á cooperación entre ambas rexións

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da CCDR-N, Fernando Freire de Sousa, acordaron reunir o vindeiro 22 de xuño, se a situación de emerxencia sanitaria o permite, ao Plenario da Comunidade de Traballo

30/05/20 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Centro de Coordinación Cooperativa acorda incrementar o aforo dos locais de hostalería e restauración ata o 50% a partir deste luns

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu hoxe a décima reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) que contou con representación da Delegación de Goberno e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

29/05/20 | 17:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recorda aos furancheiros que poden solicitar aos concellos a apertura dos seus locais ata o 31 de xullo

O CECOP, na súa reunión de 5 de maio, xa recomendara aos concellos ter en conta a posibilidade de ampliar a tempada 2020 para estender a súa actividade

29/05/20 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O próximo luns comeza a segunda fase de reincorporación do persoal empregado público ao traballo presencial

A primeira fase concluíu con normalidade, coa incorporación dos xefes de servizo ou postos asimilados e as persoas que non poden teletraballar, sempre que o seu posto cumprise coas garantías sanitarias