Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

15/06/20 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acorda coa Delegación do Goberno reforzar o operativo para garantir a seguridade na xornada electoral do 12 de xullo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada

15/06/20 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Mañá remata o prazo para solicitar o voto por correo dos electores residentes no estranxeiro

O prazo para solicitar o voto por correo para as persoas que residen en Galicia mantense aberto ata o próximo 2 de xullo

15/06/20 | 09:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O DOG publica a orde de axudas dirixida aos concellos galegos para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero

As mulleres que sofren violencia de xénero poden acadar a través deste apoio maior autonomía e independencia económica, así como máis opcións dunha inserción laboral estable para a súa integración plena no ámbito económico e social

14/06/20 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Farmamundi colaboran nunha iniciativa destinada á prevención e ao control da covid-19 en Mozambique

A intervención permitirá atender a máis de 730 persoas que recibirán lotes de hixiene e coñecerán as medidas que deben levar a cabo para contribuír a reducir o risco de propagación do virus

14/06/20 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As axudas de Aprol Rural impulsarán a contratación de 212 desempregados en 90 concellos ourensáns

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver a convocatoria deste programa que beneficia a todas as entidades locais que o solicitaron

12/06/20 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba as axudas para 26 proxectos de cooperación para o desenvolvemento

A resolución pode consultarse na web cooperacion.xunta.gal

12/06/20 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen un incendio no Concello de Pontevedra

No que vai de ano foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 22 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

12/06/20 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na posta en marcha dos protocolos a seguir nas casas de acollida a vítimas da violencia de xénero e nos centros de información á muller

A secretaria xeral de Igualdade por delegación, Natalia Prieto, mantivo unha xuntanza coa delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Victoria Rosell

12/06/20 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 4,3M€ á provincia da Coruña para a contratación de 488 desempregados a través dos seus programas de emprego para concellos

O obxectivo dos tres programas é apoiar a contratación de persoas perceptoras da Risga; desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social e para tarefas de prevención de incendios

12/06/20 | 10:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fomenta a corresponsabilidade coas axudas por redución de xornada para homes e familias monoparentais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas axudas que impulsan a conciliación da vida familiar e laboral ao permitir aos beneficiarios a redución de xornada para coidar aos seus fillos e fillas menores de 3 anos