Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

03/07/20 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta compensa aos procuradores da quenda de oficio pola paralización da actividade debido á crise sanitaria da covid-19

A contía que xa recibiu o Consello Galego dos Procuradores enmárcase no convenio asinado co Goberno galego para contribuír ao funcionamento da Asistencia Xurídica Gratuíta por parte destes profesionais

02/07/20 | 17:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AECT da Eurorrexión organiza na Eurocidade Chaves-Verín a segunda reunión na fronteira entre Galicia e o Norte de Portugal

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse con representantes da Eurocidade Chaves-Verín para incluír as súas achegas ao Plan de reactivación á cooperación de proximidade na fronteira Galicia-Norte de Portugal, nos que participan todos os axentes da cooperación transfronteiriza

02/07/20 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Deputación de Ourense avanzan nos trámites da xestión directa dos parques comarcais de bombeiros da provincia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu hoxe ao Pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de Ourense, no que se acordaron os pasos previos á aprobación do novo modelo de xestión

01/07/20 | 17:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 570 aspirantes realizan hoxe a proba de coñecemento para optar a 139 prazas de auxiliares de policía local

O recinto feiral da Fundación da Semana Verde acolle o segundo exercicio do proceso selectivo centralizado e da proba de galego

01/07/20 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A ética pública centrará o contido do próximo número da revista Administración&Cidadanía

O número 1 volume 15 da revista incluirá varios artigos sobre a prevención da corrupción na Administración pública e o fomento da integridade

01/07/20 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia debate con outras rexións europeas sobre a resposta da Unión Europea á crise da covid-19

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou por videoconferencia no primeiro Pleno semipresencial do Comité Europeo das Rexións (CdR)

01/07/20 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta contará con 10 drons máis na tempada de alto risco para reforzar os medios na loita contra os incendios forestais

O vicepresidente da Xunta e o conselleiro do Medio Rural presidiron hoxe a reunión do Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG)

29/06/20 | 12:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero permite contratar a 68 mulleres

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera sobre o plan de inserción laboral

29/06/20 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O prazo para solicitar o voto por correo dos residentes en España remata este xoves, 2 de xullo

Pode solicitarse nas oficinas de Correos ou ben na súa web empregando un certificado electrónico

27/06/20 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ofertará 72 prazas nos seis campos de voluntariado que desenvolverá este verán na provincia de Ourense

O prazo de inscrición xa está aberto para os maiores de 18 anos de Galicia que desexen participar nesta iniciativa que oferta un total de 348 prazas