Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

07/07/20 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nun proxecto sobre a Axenda 2030

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá con representantes da entidade para avaliar a execución deste convenio que se asinou hoxe

06/07/20 | 17:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levou a cabo 73 inspeccións esta fin de semana para o control das medidas adoptadas ante a covid-19

Nestes controis identificáronse a 65 persoas e levantáronse 35 actas de infracción

06/07/20 | 16:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Deputación de Pontevedra crean a comisión para avaliar a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na reunión para constituír esta comisión de estudo técnico-xurídica que se encargará de redactar a memoria sobre o cambio de modelo de xestión do servizo

06/07/20 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega ao Concello Ourensán de Barbadás tres marquesiñas para mellorar o servizo aos usuarios do transporte público

O obxectivo destas infraestruturas, que se instalarán na OU-540 ao seu paso polo termo municipal, é protexer aos usuarios das inclemencias meteorolóxicas e facer máis cómoda e segura a espera

06/07/20 | 10:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino

O programa apoia a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresarias constituídas por mulleres e inclúe unha liña complementaria para apoiar a conciliación da vida laboral, persoal e familiar

05/07/20 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Farmamundi colaboran nunha iniciativa destinada á reducir a propagación da covid-19 en Uganda

A intervención permitirá chegar a máis de 2.000 persoas e levaranse a cabo medidas de prevención e control do virus no campo de refuxiados Kyaka II

03/07/20 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O número 59 da Revista Galega de Administración Pública incluirá dous artigos sobre a covid-19

A publicación analizará a relación entre o dereito local e a actividade municipal durante os últimos meses e a responsabilidade patrimonial do Estado como consecuencia da crise por Covid-19

03/07/20 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta iniciará o luns a última inspección prevista dos locais electorais para comprobar que cumpren as medidas de prevención sanitarias

Durante a xornada electoral, representantes da Administración encargaranse de regular o acceso aos locais para evitar aglomeracións e dando prioridade ás persoas maiores de 65 anos ou con discapacidade