Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

22/07/20 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Continúa aberto o prazo para solicitar axudas do programa Emega de fomento do emprendemento feminino

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe nunha xornada online sobre este programa organizada pola Cámara de Comercio de Santiago

22/07/20 | 11:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con case 300.000 euros seis proxectos de acción humanitaria no exterior

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE vén de publicar a resolución coas axudas a seis organizacións non gubernamentais

21/07/20 | 15:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avalía con representantes do sector do ocio nocturno as medidas de prevención da covid-19

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, mantivo unha nova reunión de seguimento con representantes do sector, a quen agradeceu o cumprimento maioritario do protocolo, agás excepcións

21/07/20 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ubicará no mesmo edificio os catro xulgados do Social de Lugo unha vez que o Ministerio de Xustiza autorizou a posta en marcha da cuarta sala para finais deste ano

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, acompañado do Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, do Fiscal Xefe provincial, da Xuíza Decana en funcións, da Secretaria Provincial Coordinadora, e do director xeral de Xustiza, visitou a Audiencia Provincial da capital lucense

20/07/20 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na reunión dos órganos de dirección da Agrupación Europea de Cooperación Europea de cooperación territorial Galicia-Norte de Portugal

O obxectivo da reunión, que tivo que ser adiada por mor da crise do COVID-19, foi aprobar as actividades e o orzamento da AECT para 2020

18/07/20 | 10:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por altas temperaturas nas zonas do Miño en Ourense e Pontevedra

O episodio prolongarase ata últimas horas da tarde nas zonas do Miño de ambas provincias

17/07/20 | 16:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por altas temperaturas en dúas zonas da provincia de Pontevedra

O episodio prolongarase ata últimas horas da tarde nas Rías Baixas e no Miño

17/07/20 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza un novo envío de 153.914 unidades de material de protección ás residencias e entidades sociais da provincia da Coruña

O Goberno galego enviou 84.500 luvas e 69.414 máscaras para as entidades sociais e residencias da provincia da Coruña

17/07/20 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O padroado da Fundación Galicia Europa aborda o plan de recuperación para Europa que hoxe debaten os líderes europeos

O órgano de goberno da Fundación Galicia Europa reuniuse hoxe para aprobar a súa memoria de actividades de 2019 e explicar as iniciativas desenvolvidas como consecuencia da pandemia do COVID-19