Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

17/08/20 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou 152 denuncias esta fin de semana nos dispositivos para controlar as medidas ante a covid-19

Os axentes realizaron 108 dispositivos nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e nos concellos da área metropolitana da Coruña

17/08/20 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financiará a adquisición dunha furgoneta para o servizo de Protección Civil de Oitavén-Tea

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración neste sentido co alcalde da Lama, Jorge Canda

16/08/20 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 70 mulleres e os seus fillos e fillas poderán participar en estadías de tempo libre financiadas pola Xunta

A iniciativa está dirixida a mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas, tendo preferencia as vítimas de violencia de xénero

15/08/20 | 11:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta atendeu máis de 13.200 avisos para a retirada de niños de velutina ao abeiro do Plan acordado cos concellos

Un total de 285 municipios están adheridos a este programa, o que representa nove de cada dez entidades galegas

14/08/20 | 14:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defenderá na Comisión Bilateral co Estado a legalidade das cuestións relativas ao imposto de sucesións e á Lei do solo

Lembra que a redución fiscal do imposto sobre sucesións e doazóns para as empresas que teñan o seu centro principal na comunidade autónoma é un requisito que xa se esixe desde 2002 e que existe en 8 comunidades autónomas

14/08/20 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa centra a súa actividade en abordar as iniciativas da UE como resposta á crise sanitaria da covid-19

Durante o confinamento reforzou a súa actividade informativa sobre a actuación da Unión Europea con dous apartados específicos na súa páxina web relacionados co coronavirus e o plan de recuperación económica para Europa

13/08/20 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 340.000 euros a colaborar coas agrupacións de voluntarios Protección Civil

O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións que permitirá sufragar os gastos de funcionamento de agrupacións de case 190 concellos de menos de 50.000 habitantes

13/08/20 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Comezan as obras de acondicionamento das últimas plantas do edificio de Benito Corbal, nas que se invisten máis de 800.000 euros

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á sinatura da acta de replanteo da segunda fase de rehabilitación, que se prolongará ata marzo de 2021

13/08/20 | 10:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta modifica os prazos de execución dos proxectos das beneficiarias do programa Emega debido á crise da covid-19

O DOG publica hoxe os cambios na convocatoria de 2018 sobre o período mínimo de mantemento da actividade subvencionada, así como da duración dos contratos dos postos de traballo creados

12/08/20 | 12:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A EGAP formará á cidadanía e ao persoal empregado público sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

O 1 de setembro terá lugar un novo e-martes, de seis horas de duración, con contidos adaptados a cada un dos colectivos