Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

23/09/20 | 18:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia nomea novo xerente a Emilio de la Iglesia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a reunión deste órgano no que se aprobou o nomeamento por unanimidade

23/09/20 | 16:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Xunta, empresarios e sindicatos referendan un pacto para intensificar o diálogo social centrado na competitividade e no emprego

“Seguiremos poñendo en marcha as medidas previstas no diálogo social, buscaremos novas medidas para reactivar a economía, buscaremos lexislacións axeitadas para ter uns sectores produtivos máis competitivos e reforzaremos as mesas de traballo”, abunda o presidente da Xunta

23/09/20 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traballa nun Plan Estratéxico da Década Xacobea 2021-2032 co obxectivo de contar cunha folla de ruta que aproveite as sinerxías dos tres próximos anos santos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, compareceu esta mañá na Cámara galega, a petición propia, para explicar as previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento nesta lexislatura

23/09/20 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, insta a Javier Losada a aproveitar a visita do secretario xeral de Infraestruturas para esixir que licite as obras da intermodal

A Xunta avanza no proxecto construtivo e na tramitación urbanística da nova estación de autobuses, co obxectivo de licitar as obras o antes posible

22/09/20 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta desenvolve unha xornada de formación sobre o protocolo covid-19 destinada aos coordinadores dos colexios da área sanitaria de Pontevedra

Correu a cargo do xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-Salnés, José Ramón Gómez Fernández, da subdirectora da Área Asistencial Médica, Dolores Pan, do xefe do Servizo de Medicina Preventiva do CHOP, Javier Paz Esquete, así como dun especialista en Pediatría e outro en Atención Primaria

22/09/20 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia aposta por reforzar o papel da UE para dar unha resposta máis eficiente ás consecuencias da crise sanitaria da covid-19

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe nunha reunión virtual da comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións

22/09/20 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Axega fomenta o uso responsable do número 112 mediante unha web para nenos cos Bolechas como protagonistas

A Axencia Galega de Emerxencias pon a disposición de estudantes e mestres unha web desde a que poden descargar unidades didácticas e participar en xogos cos que aprender a realizar unha chamada efectiva ao 1-1-2.

21/09/20 | 18:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a implantación dun modelo uniforme de rexistros de prohibidos nas actividades de xogo entre comunidades

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe por videoconferencia no pleno do Consello de Políticas de Xogo, que estivo presidida polo ministro de Consumo, Alberto Garzón