Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

02/10/20 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello pontevedrés de Mos

A nova representante autonómica analizou coa alcaldesa desta localidade, Nidia Arévalo, os temas relacionados coa Administración galega

02/10/20 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 770.000 euros a financiar 11 unidades de atención temperá na provincia da Coruña, catro de nova creación

Este servizo é básico para identificar, previr e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade

02/10/20 | 11:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 80.000 euros á recuperación ambiental dunha parcela paralela ao Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Oia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo no municipio no marco da colaboración co Goberno galego

02/10/20 | 11:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense coñece a afectación dos incendios rexistrados no Macizo Central

Gabriel Alén trasladouse a Vilar de Barrio, Vilariño de Conso e Chandrexa de Queixa no marco da rolda de visitas aos concellos da provincia que rexistraron lumes no último mes

02/10/20 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
02/10/20 | 09:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego

O aviso está xa activo na Coruña, e ao longo do día estenderase ás costas de Lugo e Pontevedra

01/10/20 | 20:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro con mar combinada do noroeste con ondas de ata seis metros

01/10/20 | 16:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia pecha agosto cunha mellor evolución que a media nacional con 1,4 millóns de pernoitas e máis de 500.000 viaxeiros

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) a caída da demanda en agosto na comunidade foi do 36,4% fronte ao 56,3% da media nacional

01/10/20 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello de Pazos de Borbén

A nova representante autonómica analizou co alcalde desta localidade, Andrés Iglesias Rodríguez, os temas relacionados coa administración galega

01/10/20 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AXEGA leva a un cento de centros escolares o seu programa de divulgación para o bo uso do número de emerxencias 112

Para esta actividade, a Axencia Galega de Emerxencias apóiase novamente nos Bolechas co fin de achegar á poboación infantil a información necesaria para usar de forma correcta e eficaz o servizo telefónico de atención ás emerxencias