Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

08/10/20 | 17:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza as medidas de apoio á integración laboral do colectivo xitano cunha aportación do 0,7% do IRPF destinado a programas sociais

Gonzalo Trenor mantivo un encontro cos responsables da Fundación Secretariado Gitano, entidade que o ano pasado recibiu 63.000 euros a través deste programa

08/10/20 | 16:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

A Xunta remite ao Goberno unha proposta “construtiva e leal” de reforma da Lei Orgánica de Saúde para loitar contra a covid-19

Feijóo fai fincapé en que o estado de alarma é unha medida excepcional e que non resulta adecuado acudir a ela para un control sistemático e diario da epidemia

08/10/20 | 15:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
08/10/20 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executa a mellora do firme en 6,7 quilómetros da estrada LU-933 entre o núcleo urbano de Monforte de Lemos e Chavaga

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que os traballos comezaron esta semana no treito urbano e está previsto completar toda a actuación antes de que finalice o ano

08/10/20 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta oferta formación online aos propietarios e traballadores de vivendas de uso turístico para mellorar a súa adaptación fronte á covid-19

Hoxe comeza o primeiro dos 18 webinars previstos para que os responsables destes aloxamentos poidan mellorar a súa resposta ante os retos futuros

08/10/20 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Sanxenxo para garantir a distancia social debido á covid-19 no paseo da praia de Silgar

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, visitaron hoxe os traballos que o Goberno galego apoiou con 30.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental para ampliar o espazo de circulación destinado aos peóns

08/10/20 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou este ano máis de 623.700 euros a 47 asociacións de veciños e comunidades de usuarios de augas da área de Vigo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, as melloras no local e nos equipamentos do centro veciñal e cultural de Valladares

08/10/20 | 11:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aclara que o concello baionés non foi quen de poñer a disposición os terreos requiridos para actuar na fase 2 de Sabarís

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, sinala que é precisamente a administración local a que non está a cumprir coas obrigas que recolle o convenio

07/10/20 | 17:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O vicepresidente primeiro reúnese coa Confederación de Empresarios de Pontevedra para avaliar liñas de colaboración

Coincidiron na necesidade de prestar un apoio concreto ás empresas do sector turístico, especialmente afectadas pola pandemia