Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

13/10/20 | 20:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta rematará as obras de acondicionamento das últimas plantas do edificio de Benito Corbal o vindeiro mes de marzo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou esta tarde algunhas asociacións que xa levan preto dun ano situadas no edificio da Xunta

13/10/20 | 11:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Clúster de Turismo de Galicia nun servizo de consultoría a empresas do sector para adaptarse á covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación do programa “Turismo 100x100”, no que o Goberno galego inviste 150.000 euros cos que axudar ás pemes e autonómos a minimizar o impacto económico derivado do coronavirus

09/10/20 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta, María Luisa Piñeiro, realiza unha visita institucional a Ponte Caldelas

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Andrés Díaz, as demandas deste municipio relativas especialmente a política social, polígonos e patrimonio

09/10/20 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello pontevedrés de Soutomaior

A nova representante autonómica analizou co alcalde desta localidade, Agustín Reguera, os temas relacionados coa Administración galega

09/10/20 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta intensifica o control sobre a actividade dos locais de xogo con inspectores e axentes da Policía Autonómica

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicou hoxe no Parlamento galego que durante 2019 se realizaron máis de 5.500 inspeccións

09/10/20 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 10 M€ nos últimos cinco anos en case un milleiro de proxectos de asociacións veciñais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo balance hoxe en comisión parlamentaria desta orde de axudas, que na convocatoria deste ano contou cun orzamento de 2,5 millóns de euros e 190 organizacións beneficiarias

09/10/20 | 11:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta estende a rede de abastecemento de auga á parroquia de Tribás, en Pantón, logo dun investimento de 253.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que xa se formalizou a entrega ao concello para a súa posta en funcionamento

08/10/20 | 18:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incide na necesidade de abordar a dispersión da poboación na planificación das políticas europeas

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión da delegación española do Comité Europeo das Rexións, preparatoria da reunión plenaria da próxima semana