Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

15/10/20 | 21:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola colaboración coas asociacións veciñais para contribuír á mellora da calidade de vida local

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse con representantes da asociación de veciños de Beade, que recibiu unha axuda de 15.000 euros para reformar a aula de informática e renovar as ventás do local

15/10/20 | 18:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por seguir promovendo os valores espirituais do Camiño de Santiago cara o próximo Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración do VIII Congreso internacional da Fundación Acollida Cristina nos Camiños de Santiago

15/10/20 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza un paquete de medidas por case 5 millóns de euros para apoiar ao sector do ocio nocturno ante a pandemia

Incide en que o obxectivo é paliar a baixada absoluta, ingresos cero, de todo este sector económico que supón unha parte importante en empregos na Comunidade

15/10/20 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Monbus disputa este sábado un partido dedicado á Ruta Xacobea no marco da iniciativa apoiada pola Xunta 'O Camiño acaba en Obradoiro'

O partido da Liga Endesa ACB Monbus Obradoiro e Acunsa Guipúzoca Basket estará dedicado ao Camiño de Santiago e a próxima celebración do Xacobeo 2021

15/10/20 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realiza unha visita institucional a Campo Lameiro

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Carlos Costas, as necesidades e demandas deste concello en relación á administración autonómica centradas nos accesos ao parque arqueolóxico, así como a melloras no saneamento

15/10/20 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realiza unha visita institucional a Cuntis

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Manuel Campos, as necesidades e demandas deste concello en relación á administración autonómica centradas na necesidade dun novo vehículo para a policía local, melloras no saneamento e na limpeza do río Gallo

15/10/20 | 11:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 30.600 euros á recuperación ambiental dunha área recreativa no concello de Rois

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as actuacións financiadas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

15/10/20 | 10:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consello Consultivo considera que os concellos son competentes para sancionar cando se incumpran as restricións sanitarias

Responde á consulta elevada pola Xunta para coñecer ao seu criterio sobre quen debe tramitar os expedientes sancionadores cando se incumpran medidas preventivas do coronavirus